O club da calceta
Unha fermosísima historia de superación e contra os obstáculos da sociedade
Esta película está baseada no libro de María Reimóndez do mesmo título, finalista do Premio Xerais do 2005. Dirixida por Antón Dobao e estreada no 2009 acadou un bo recibimento entre o público, posto que, na miña opinión, foi capaz de trasladar a identidade que María Reimóndez creou para cada unha das mulleres protagonistas desta historia. Mulleres moi distintas que nos fan partícipes das súas frustracións, anhelos e a súa loita por repoñerse ó machismo, que aínda é visible na sociedade, que as envolve. É unha historia que emociona e nos engancha dende o principio. A película forma parte da serie "Un mundo de historia", proxecto de Antón Dobao que busca realizar adaptacións cinematográficas dalgunha das obras máis coñecidas da literatura galega.Tráiler
María Reimóndez, Lugo 1975, é unha tradutora, intérprete e novelista cuxas obras máis coñecidas son: Caderno de Bitácora (2004) , Premio de Novela Mulleres Proresistas de Vigo; Usha (2005), Premio Merlín; Pirata (2009); En vías de extinción (2021); Dende conflito (2014), Premio Xerais de Novela 2014; A música dos seres vivos (2015)...
Sobre María Reimóndez
Photo by Steve Johnson on Unsplash