MUFFINS DE CHOCOLATE

Hoxe a cousa vai de cociña.
Que vos parece se facemos uns ricos muffins de chocolate??
Imos aló!

INGREDIENTES:
250 g. de fariña de trigo.
150 ml. de leite.
125 g. de margarina.
125 g. de azucre moreno.
25 g. de cacao en polvo.
100 g. de pebidas de chocolate (tamén podes usar chocolate cortado en anaquiños).
1 ovo.
Unha culleriña de levedo químico.
Media culleriña de bicarbonato sódico.
Unha culler de esencia de vainilla.
Un chisco de sal.
Tamén precisarás moldes para madalenas.



PROCEDEMENTO:
Comezamos poñendo o forno a quentar a 180 º.
Logo peneiramos a fariña xunto co cacao, o levedo, o bicarbonato e o sal.
Noutro recipiente botamos a margarina co azucre e a esencia de vainilla, e mesturamos todo coa batedora.


Cando estea todo ben integrado e o azucre estea ben desfeito, botamos o ovo e batemos outro chisco.


Agora imos a ir engadindo pouco a pouco a mestura de fariña e o leite do seguinte xeito:
Engadimos aproximadamente a metade do leite e integramos.
Engadimos aproximadamente a metade da mestura de fariña e volvemos a integrar.
Novamente, volvemos a engadir e integrar o resto do leite e logo o resto da fariña.


Botamos a metade das pebidas de chocolate e integrámolas na mestura manualmente coa espátula.



Unha vez temos a mestura rematada, poñemos os moldes para madalenas nunha bandexa (se non tes unha bandexa especial, mellor pon dous moldes para cada muffin).
Imos enchéndoos coa masa. Tes que botar case ata arriba de todo.
Para rematar, botámoslle por enriba as pebidas de chocolate que nos quedan.


Agora, con moito coidado, metemos a bandexa no forno e deixamos que se fagan durante uns 20minutos.

Cando estean feitos, sacámolos do forno e deixamos que arrefríen.


Agora solo queda probalos e que me contedes que tal vos saíron!!!

BO PROVEITO!!

Comentarios