MENSAXES SECRETAS

Gústavos xogar a ser detectives? Como se vos da a investigación? Para que saiades de dúbidas vos propoño un xogo para que poñades a proba as vosas capacidades neste mundo do misterio. 
Trátase dun experimento co que poderedes deixar mensaxes secretas que non se verán a simple vista, queredes saber máis? 

Pois tomade nota dos materiais que vos farán falta:
• Pincel ou bastón de algodón dos oídos ou similar
• Papel
• Limón
• Espremedor
• Auga
• Vela ou prendedor

Para realizar o experimento deberedes seguir este procedemento:
1. Espremede o limón e reservádeo.
2. Botádelle un pouco de auga, da medida dunha culler, ao zume de limón e mestúrao ben.
3. Escribide a frase nun papel en branco usando o zume e coa axuda do bastón ou o pincel.
4. Esperade a que seque.
5. Achegade unha vela debaixo do papel, sen que esta moi preto, e veredes a mensaxe.

A que se debe este fenómeno? O limón espremido se oxida e adquire unha tonalidade marrón cando se lle acerca a calor que é cando se pode ver a frase oculta. Que vos pareceu? Podedes xogar e deixar mensaxes secretas a aquelas persoas que queirades. Por se tedes curiosidade de ver como queda antes, deixo un vídeo de cando eu o fixen na casa.


Sexa como sexa espero que vos gustara a idea!
Unha aperta!

Fonte

Comentarios