Maxia
O TRUCO DO PLÁTANO EN ANACOS
O público non entenderá como pode ser que apareza un plátano en anacos cando viron cos seus propios ollos como se pelaba.
Materiais:
Un plátano
Unha agulla
Fío
Procedemento:
Poñemos uns 30cm de fío na agulla. Atravesa con esta un dos lados planos do plátano.
Despois saca a agulla, deixando o fío baixo a cáscara. Mete a agulla de novo polo mesmo burato e baixa o próximo lado plano.
Hai que facer isto ao longo de toda a cáscara.

Cando teñas o fío no burato primeiro, tira dos dous extremos. O plátano cortarase por dentro e poderás retirar o fío.
Fai máis cortes do mesmo xeito para que resulte máis impresionante.

O plátano unha vez manipulado terá esta aparencia. Se non sabemos que está manipulado non notaremos nada. As motiñas negras que lle poidan quedar parecerán as típicas da propia froita.

E este é o resultado!!

Xa sabedes practicade un pouquiño antes.
BOA MAXIA!!

Imagen de Passt gut auf euch auf und bleibt gesund! en Pixabay
Comentarios
Publicar un comentario