LUDOEXPERIMENTA 5
Dino ñaam ñaam: Galletas

Mans á masa? Hoxe propoñémosvos facer unha receita de galletas. Precisaredes a colaboración dos maiores, todos podedes argallar con esta idea de galletas de Dinosauros. Se tendes moldes desta ou doutra forma, ben, e senón ca imaxinación seguro que faredes formas xeniais. Non poderemos ter a proba, pero agardamos as vosas fotos!
Precisaredes os seguintes ingredientes:
225 gr. de manteiga.
500 gr. de fariña normal.
175 gr. de azucre glass.
1 ovo.
5ml de esencia de vainilla.
1 nadiña de sal.
Comezamos!
- Peneiramos a fariña.
- Metemos o azucre glass no bote da batedora xunto ca manteiga e batemos ata que vexamos que a mestura está cremosiña.
- Batemos o ovo ca esencia de vainilla e mesturámolo ben ca crema de azucre e manteiga.
- Engadimos o sal á fariña que tíñamos peneirada.
- Amasamos e engadimos un pouco de fariña á mestura e cubrímola con papel film para metela na neveira durante unha hora.
- Espolvoreamos fariña onde vaiamos estender a masa e...pasador de cociña!
É o momento de poñer os moldes na masa e ir sacando os dinosauros ou facendo as formas dos vosos moldes ou as que vos gusten.
- Coidadiño agora: o forno debe estar a 200º e as galletas estarán listas en 7 minutos.
Uuuuummmmmmm!