LUDOEXPERIMENTA 3
FACEMOS CREMA PASTELEIRA

Imos cociñar!
Para comezar necesitaremos os seguintes ingredientes:
- Medio litro de leite enteiro- 3 xemas de ovos
- 100 g de azucre
- 50 g de “maizena”
- 50 g de manteiga
- Canela
- 1 anaco de cáscara de limón
- 1 vaina de vainilla
Elaboración:
Do medio litro de leite apartamos medio vaso (150 ml) e deixámolo no frigorífico. Botamos o resto nun cazo e engadimos a cáscara de limón e a vainilla. Poñémolo a fogo medio-alto ata que o leite estea a punto de ferver.Entón, apartámolo do fogo e tapamos o cazo cun prato. Deixamos o cazo tapado durante 20-30 minutos para que se mesturen os sabores do limón e a vainilla no leite.
Mentres isto se fusiona, collemos o medio vaso de leite que temos reservado e engadimos a “maizena”. Mesturamos ben ata que se disolva completamente a “maizena” no leite frío.
Agora collemos unha cazarola mediana e poñemos as xemas de ovo e o azucre, batemos ben ata que se forme unha mestura homoxénea. Engadimos o leite frío coa “maizena” e batemos ben ata que se mesture todo.
![]() |
![]() |
Cando pasen 20-30 minutos de repouso do leite que quentamos, collemos un coador e vertémolo na cazarola que ten o leite mesturado coa “maizena”, as xemas e o azucre.
Coamos o leite coa vainilla e o limón directamente sobre a cazarola. Agora poñemos a cazarola ó fogo e mesturamos ben. Deixamos a fogo medio-baixo sen deixar de remover ata que a crema espese.
![]() |
![]() |
![]() |
Como paso opcional, pódenselle engadir neste intre uns anacos de manteiga a temperatura ambiente, mesturando ben. A manteiga deixará unha textura máis cremosa!
Só queda colocar un papel “film” para que non forme unha película na superficie. E logo... podedes utilizala como recheo de pasteis, para preparar tortas e outros doces. Algúns deles verémolos en próximas receitas!
Bo proveito!!
Photo by Sarah Gualtieri on Unsplash