LUDOEXPERIMENTA 2

Torta de mazá

Ola rapazada! Hoxe queremos que experimentedes na cociña cunha receita moi sinxela e saborosa.

Precisaredes os seguintes ingredientes:
5 mazás.
1 vaso de leite.
1 vaso de azucre.
1 vaso de fariña de millo.
1 ovo
1 culler pequena de canela.
1 culler pequena de “Royal”.
Manteiga para untar o molde que vai ao forno.
Marmelada (opcional).



Os maiores deberán poñer o forno a quentar a 180º

Alá imos!

Pelamos as mazás: catro debemos partilas en anaquiños e unha reservámola para despois.

No recipiente no que vaiamos bater botamos: o leite, o azucre, a fariña, o ovo, a canela, a lévedo e as mazás que partimos:



Chegou o momento de coller o batedor para conseguir que a mestura quede totalmente líquida:






Botamos a mestura no molde (que untaremos con manteiga para que non se pegue) que irá ao forno e adornamos ca mazá, que tiñamos reservada, partida en láminas.



Unha hora no forno e lista! Se queredes, podedes engadir unha capa de marmelada por riba. Nós escollemos unha de ameixa, uuummm!

Agardamos que vos guste e desfrutedes facéndoa. Se queredes enviádenos unha foto da vosa tortiña!