LAND ART E O CLUB MOZO
“LAND ART E O CLUB MOZO”
Que é land art?Land Art ou Earth Art é unha corrente de arte contemporánea na que se crean obras no medio da natureza empregando (case sempre) os materiais que se atopan nel: paus, pedras, xeo... Arte e natureza. Neste híbrido entre a arquitectura da paisaxe e a escultura, a paisaxe e a obra de arte están intimamente ligadas. Traballos deste tipo están expostos a cambios e á erosión do medio natural no que se atopan, polo que algúns desapareceron, así que a fotografía ou as gravacións do proceso e da obra rematada son moi importantes.
Que ten que ver connosco?
Hai uns anos comezamos o proxecto lavadoiro, intervindo nun lugar abandonado, modificando os danos que o paso do tempo causaran nel e devolvéndoo ao seu estado natural. O que fixemos foi un proxecto de Land Art, de maneira case espontánea, coas nosas mans e ao noso gusto.
Por que o recordamos hoxe?
Crin que ven a conto porque hoxe, 22 de abril, é o día internacional de Madre Tierra (atoparedes información sobre isto na páxina das Nacións Unidas no LINK 1), porque é importante ser conscientes de onde estamos e como actuamos. Este tipo de arte ten que ver co respecto ao mundo que habitamos, a terra que pisamos, co seu coñecemento e coa súa capacidade. Cos diferentes elementos que o compoñen. Ao entender dos artistas, a natureza é considerada como un organismo animado que posúe dentro de si espírito. Entón entender a natureza é fase decisiva no proceso artístico de Land Art.
A natureza non se comporta automaticamente, como fan as máquinas e algúns humanos... compórtase de múltiples maneiras, caótica ou ao chou (por exemplo o efecto bolboreta LINK 2), por vontade do clima, do aire, dunha brisa, unha póla caída, unha folla onde non debería, unha semente dentro dun buraco dunha pedra da que nace unha árbore... é un proceso lento, pero infinito. Sen embargo cada día vemos como o efecto da persoa infire cada vez máis no planeta terra e prexudica este proceso natural. É cuestión nosa desacelerar o seu devir humano. Como diría o artista Robert Smithson: a natureza nunca remata. E é importante que así siga.
Que referentes hai?
Vou poñer tres exemplos obvios de Land Art. Un dos máis recoñecidos artistas é Andy Goldsworthy, (que ademais deixa ver como traballa no LINK 3), e así vemos como fai cousas fermosas no entorno natural sen causar ningún estrago (LINK 4)... ARTE! Outros exemplos son o de Robert Smithson (aquí LINK 5 a súa Espiral Jetti) que na miña opinión si que modifica e moito o territorio, pero que sen embargo é un pioneiro nisto do Land Art. O terceiro exemplo, máis natural e o máis simpático, é o de Josep Pujiula, o Tarzán de Arguelaguer. Un tipo que converteu un bosque no seu parque de xogos, ao xigante, usando as súas propias mans e ferramentas, sen máquinas, sen grandes inversións, construíu algo marabilloso. Josep fixo o seu “Parc Garrell” a base de imaxinación e moitas gañas de desfrutar dese entorno no que se convertía en Tarzán. (LINKS 6 e 7)
Que podemos facer?
Este post non é máis que para aportar algo de idea artística, unhas pequenas pinceladas de miradas diferentes acerca do mundo da arte e o mundo natural, pois convertemos ao segundo no primeiro, e o primeiro facémolo cun lenzo que non é o habitual, pero que temos ao alcance dun paseo. A idea é que pensedes en que facer cando poidamos saír por aí, excursións, adoptar un punto de vista creativo, para mirar ao entorno que nos rodea desde outra perspectiva.
Enlaces, CLICA!
Pois vou ir deixando links ás páxinas
LINK 1: Un
LINK 2: Lamenteesmaravillosa
LINK 3: Alejandradeargos
LINK 4:
LINK 5:
LINK 6: