KIM
Lembrando a Kipling

Unha da súas obras máis populares foi "El libro de la selva", publicado en 1894, cuxa temática está influenciada polo pasado colonial da India, de feito o escritor naceu en Bombay cando A India, formaba parte do Imperio Británico, aínda que sendo moi novo foi trasladado a Gran Bretaña, á metrópole, para a súa educación. Separación, da que atopamos certas reminiscencias no libro tamén coñecido como "El libro de las tierras vírgenes" o "El libro de la jungla", que afectaría profundamente ao escritor, que confesaría a tristura que experimentou na súa infancia lonxe do fogar paterno. A historia narra as aventuras dun cativo que é recollido por unha manda de lobos ao perder os seus pais. Esta temática lémbranos a outra novela, tamén moi coñecida, "Tarzán dos monos", escrita por Edgar Rice Burroughs no 1912, pero nesta ocasión en vez de estar ambientada no India, sitúase no continente africano, e en vez de ser "criado" por lobos, Tarzán é acollido por un grupo de primates. As historias de cativos que perdidos na xungla ou na selva son coidados por animais resultaban coñecidas e espertaban a curiosidade da época.
Noutro dos seus libros "Kim", publicada no 1901, o escritor presenta uns xogos nos que se adestra o seu protagonista, tamén un cativo orfo na India, para poder converterse en espía. Son os coñecidos como os xogos de Kim, porque este é o nome do cativo protagonista, e baséanse na capacidade para estimular os sentidos. Estamos na época das grandes rivalidades entre os distintos países para aumentar e reforzar os seus imperios coloniais.
ACTIVIDADE 1: Imos poñer un exemplo a través das distintas fotografías. No xogo que vos propoño buscarase potenciar a memoria e a vista:
Estas fotografías parecen idénticas pero,
- Que obxecto é o que falta na segunda fotografía?
- Que obxecto está repetido?
- Se o fas na casa podes tapar cunha tea a mesa onde coloques os obxectos e logo pedir que che apunten nunha folla todos os obxectos que sexan capaces de lembrar.
- Tamén podes pedir que che indiquen obxectos que presenten una determinada cor ou cuxa palabra comece por una determinada letra.
- E por último podes retirar un obxecto e logo que che digan que lugar ocupaba.


ACTIVIDADE 2: Outro xogo que podedes desenvolver na casa e que busca estimular o tacto consiste en meter nun saquiño distintas figuras ou diferentes obxectos. Tamén poden ser papeliños con determinadas formas que logo terán que reproducir. Os/as cativos/as colocaranse un detrás doutro. Un sacará unha figuriña ou papeliño e percorrerá o lombo do/a seu/súa compañeiro/a co seu dedo intentando reproducir a figura ou o obxecto de tal forma que o/a compañeiro /a sexa capaz de identificalo. Pode dicir en voz alta que obxecto cre que é ou se lle dades un papel pode intentar reproducir a figuriña, segundo el a entendeu. Engado unhas fotografías con formas como exemplo.

Photo by Saksham Gangwar on Unsplash
Comentarios
Publicar un comentario