HOXE CONTA COMIGO... UNHA CONVERSA COAS RAS
Ola rapazada! Hoxe queremos falarvos das ras! Si, deses anfibios moi característicos por ser excelentes saltadores!
Pois contámosvos, resulta que tivemos unha conversa con elas... e quixeron invitar a todas as nenas e os nenos a que as coñezades mellor! E para iso propuxéronnos varias actividades relacionadas co seu mundo...
Aceptades a súa invitación?
Imos aló!
Falando con elas longo e tendido... dixéronnos que antes de nada, o máis importante é ver que ben as coñecíamos, así que trasladáronnos que querían pedirvos que as debuxarades!
Aínda que, nós querémosvos aportar unha idea marabillosa para facer unha ra en lugar de debuxala... A idea é que pensamos que podedes aproveitar para xogar con esa ra que fagades, por iso vos propoñemos facer unha ben especial, nada máis e nada menos que unha ra caza-moscas! Empregando ademais material de refugallo!
Neste enlace atoparedes o material que vos fai falta e tamén a descrición do procedemento a seguir con todos os pasos. Mans á obra!
Ademais, falando cas ras, dixéronnos algo máis... preguntáronnos se coñeciades algunha historia de ras!
Coñecedes algunha historia que teña as ras como protagonistas? Seguro que si, mais, imos deixarvos aquí unha ben interesante dunha ra moi valente...
O conto é “Cuidado con la rana” de William Bee; Editorial: Juventud.
E a continuación, por se non contades co libro, tedes o enlace para coñecer a historia:
Por último, na nosa conversa coas ras, estas dixéronnos: “Ensinarédeslle aos nenos e nenas algún baile noso, non?”
Así que, seguindo o seu consello, deixámosvos un baile moi típico das ras! Iso si, facédelles caso, levantando a man, sacudindo a cintura e sobre todo brincando moito!!

Comentarios
Publicar un comentario