HOXE CONTA COMIGO... O GATO LAMBÓN

Ola nenas e nenos! Hoxe traémosvos un conto moi divertido que seguro que moitos e moitas de vós xa coñecedes! Trátase de: “O gato lambón” de Patacrúa, ilustrado por Oliveiro Dumas, da Editorial Kalandraka.
Esta vez gustaríanos propoñervos que fagades unha lectura da que vos sintades partícipes, por iso pensamos en que sexades vós os que elaboredes os personaxes do conto para despois poder representalo! Que vos parece?
Podedes pedirlle axuda ós adultos e tamén invitalos a que eles e elas participen contando a historia, veredes que ben queda!
Imos aló!

Para poder facer a lectura, se non contades co libro, deixámosvos o seguinte enlace:


E, agora imos facer os personaxes do conto! Podedes elaboralos como queirades, pero nós presentámosvos unha idea para facer monicreques con pratos de cartón “voadores”! Poñede moita atención!:

Precisaremos:
- Pratos de cartón (un para cada personaxe)
- Unha caixa de cartón
- Papel
- Pincel, lapis, goma e ceras, pinturas ou rotuladores
- Pegamento
- Tesoiras
- “Cúter” (para utilizar as persoas adultas)

Procedemento:
Antes de nada leremos o conto poñendo atención en todos os personaxes que hai. Logo, debuxaremos en papel a cada un dos personaxes, poñémoslle cor e recortámolos.
O seguinte paso é pegar a cada un destes nun prato. Ollo, o Gato Lambón non irá en prato, senón que, para facelo empregaremos a caixa de cartón. Deste xeito, nunha das caras da caixa debuxaremos a cara do gato, cun gran burato que será a boca pola que come a todos os personaxes! Pedide axuda aos maiores para facer esa gran boca!
E xa temos todo listo! Mirade como nos quedaron os personaxes:



E aquí tendes ó gran protagonista! Coidado non vos acheguedes moito á súa boca!



E agora queda a mellor parte! Ir lendo o conto e representando a historia! Recordade que cada vez que o Gato Lambón coma a alguén, teremos que lanzar ese personaxe que vai no seu prato voador á boca do gato!! Ollo! Atinade ben!

Xa veredes que divertido para facer en familia! Queremos ver as vosas fotos!!

A foto da portada descargueina de leoteca

Comentarios