GALLETAS DE PLÁTANO

Ola moi boas, neste post realizaremos unha receita que ademais de ser sen azucre, si como escoitas sen azucre, inda que facemos un pouco de trampa dado que botamos chocolate; Tamén nos serve para utilizar eses plátanos que están a piques de ter que tirarse. De feito este é o que lle da o sabor doce e canto mais maduro mellor.

Neta receita temos dous pasos que precisan da axuda de un adulto son a cocción no forno e o triscado do chocolate, este segundo podemos evitalo usando sementes de chocolate.

Espero que vos guste é unha forma saudable de almorzar, bo proveito.



Comentarios