FOLLA OU PLUMA DE MACRAMÉ CON LA

Neste “faino ti mesmo” ensinámosvos como facer estas bonitas follas ou plumas.
Ideais para facer uns chaveiros, usalas como marca páxinas, para decorar na casa, para colgar nos bolsos, para facer un atrapasonos ou para o que vós poidades pensar.

Que precisamos?
· La
· Tesoira
· Un anaco de cartón
· Unha pinza



Como se fai?
Cortamos un anaco de cartón duns 12 cm de longo e enrolamos a la nel.
Cortamos a la nun dos extremos do cartón para sacar todos os fíos de 24 cm de longo.
Cortamos un anaco de la do longo que desexamos que teña a nosa folla ou pluma e suxeitámola no cartón ca pinza para que non se nos mova, se a la ou fíos que se usan son moi delgados recomendamos poñelos dobres.
Imos ir facendo os dous lados da pluma ou folla á vez, polo que iremos collendo e atando os fíos de dous en dous dobrados pola metade como se mostra nas seguintes fotos:

PASO 1 PASO 2

PASO 3

PASO 4

PASO 5

PASO 6

Unha vez que teñamos o tamaño desexado darémoslle a forma máis ou menos redondeada cortando ca tesoira e comezamos a peitear.

Deixamos vídeo do paso a paso deste bonita pluma de macramé.

Comentarios