Festexando o centenario de Gianni Rodari

Recoñecemento a este escritor imprescindible e revolucionario

Este ano fai 100 anos do nacemento do xenial escritor, mestre e pedagogo de orixe italiano Gianni Rodari. Dende moi novo descobre a súa paixón, escribir contos infantís, e xa empeza a publicalos dende finais da década de 1940. A súa "Gramática de la fantasía" será toda unha revelación no método de ensinanza: a el gustáballe estimular a fantasía e a creatividade entre os/as máis pequenos. Para facelo deseñou toda unha serie de técnicas coas que pretendía que os/as cativos/as se involucrasen creando novas historias fantásticas a partir da realidade que tan ben coñecían. E un método que lles permitía aprender de xeito divertido.

En 1970 recibiu o Premio Hans Christian Andersen, un dos máis prestixiosos da literatura infantil.

Un libro que é moi interesante deste autor é "Que fai falta?"
"As cousas máis sinxelas e desapercibidas atesouran a esencia e a beleza do mundo que nos rodea. No centenario de Rodari, un clásico coa elegancia poética e coa orixinalidade creativa"
Autor: Gianni Rodari
Ilustrador:Silvia Bonanni
Editorial: Kalandraka
ISBN: 9788484647539
Ano edición: 2010
Páx:32

Se vos interesa un contacontos deste libro podedes ver este:



Algunha das súas obras máis coñecidas:
“Las aventuras de Cebollín” (1951)
“Cuentos por teléfono” (1960). Podedes escoitar o conto que atoparedes neste libro, está en castelán (Cristina Serrano Frías):



“Cuentos para jugar” (1963)
“El libro de los errores” 81964)
“La flecha azul” (1964)
“La tarta voladora” (1966)
“Cuentos escritos a máquina” (1968)
...etc

PROPOSTA ACTIVIDADES RODARI:
Un xogo divertido consiste en deixar cos/as cativos/as inventen un titular de prensa. Para iso podedes empregar os periódicos ou as revistas vellas que tendes pola casa.

Os/as nenas terán que recortar palabras de distintos titulares, en principio parece bastante caótico pero logo terán que intentar formar eles mesmos, a través desas palabras recortadas, un titular enxeñoso e divertido. Póñovos un exemplo, neste caso recortei as palabras de varias revistas vellas que tiña para reciclaxe.


Imaxes:  Wikipedia, Catálogo Bibliotecas rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Comentarios