FAROL CHINÉS


A actividade de hoxe vai ser a elaboración dun farol chinés para adornar calquera estancia da nosa casa. Preparados?

Materiais:

● Folios de cores
● fío
● tesoiras
● pegamento

Elaboración:


Dobramos o folio a metade


Facemos un cadrado perfecto

Dobramos a metade facendo un triángulo



Desdobramos e levamos as dúas puntas do cadrado ata o medio.


Dámoslle a volta e volvemos a levar as dobreces ao medio.


Quédannos dúas puntas que dobraremos ata a metade


Dobramos a metade e pegamos as dúas solapas.



Quedándonos así


Temos que facer este procedemento 6 ou 12 veces, dependendo do tamaño que queiramos. 
O modelo ten 6. 

Cortamos un fío de 10 cm 

Cun trozo de folio, vamos facer a borla que decora o farol.
Para iso cortaremos flocos que logo enrolaremos e pegarémolos ao fío.


Unha vez que teñamos todo isto feito, é o momento de pegar todas as pezas do farol, deixando o fío coa borla polo medio e medio. Pegamos unha a unha as pezas de xeito que os dous picos queden un na parte de arriba e outro na de abaixo. 


O último paso sería decorar con cores ou con letras como fixen eu. O último paso sempre depende da vosa creatividade.

ESPERO QUE VOS GUSTASE
ATA A SEGUINTE!! 

Esta manualidade foi extraída de pinterest
Fotos manualidade propias 

Photo by Alisa Anton on Unsplash