FACEMOS FLORES CON MEDIAS E ARAME

Estas fermosas flores son feitas por Asunción (usuaria das actividades do C.S.C da Casa Agraria). Non sabemos se son o segredo da lonxevidade, pero Asunción acaba de cumprir 95 anos cheos de vitalidade. 
 

PRECISAMOS:
- Arame
- Medias de seda de cores
- Algodón
- Tesoiras
- Alicates
- La
- Papel de seda verde
- Pegamento de barra

PROCEDEMENTO:
1. Cortamos o arame, neste exemplo empregáronse 4 tiras de arame da mesma lonxitude.
2. Dobramos o arame á metade e facemos un círculo en forma de pétalo. Co arame sobrante nos extremos temos que enrolalo entre si, quedando o que sería o talo.
3. Cando temos os 4 pétalos feitos, cortamos un cadradiño de media e poñémosllo arredor do arame, anoándoo ca la, coma se ve na imaxe.
4. Cun anaco de algodón enrolado cunha media, facemos o centro da flor e anoámolo ca la a un pétalo.


5. Xuntamos os 4 pétalos enrolando uns arames nos outros.


6. Pegamos unha tira de papel seda, de cor verde, arredor da base dos pétalos, coma na foto, para asemellar ao talo. Podemos cubrir só a parte superior ou todo o arame.


E unha vez que tedes unha feita, podedes animarvos e facer unhas cantas máis para facer un cesto e agasallar a alguén, coma fai Asunción que durante a corentena, xa ten 25 preparados !!

Comentarios