EXPERIMENTO. EXPLOSIÓN DE CORES 2

Experimento visual de cores que ten un efecto moi bonito.

Tan só precisaremos auga quente, un prato (mellor branco) e caramelos (eu usei os “skittles” pero tamén valen os M&M´s).



Temos que colocar por orde de cores en círculo os caramelos no prato. Podedes ordenalos creando as cores do arco da vella , diferentes patróns ou segundo a orde que prefirades.



E agora iremos engadindo a auga no prato pouco a pouco ata a metade dos caramelos. Agarda uns poucos segundos e contempla o que sucede.


Notastes que pasou cas cores dos caramelos? Comezaron a derreterse ata chegar ao centro do prato creando un arco da vella de cores. Isto pasa porque os caramelos deste experimento están cubertos cunha capa de azucre e colorantes. Cando poñemos a auga, o colorante e o azucre disólvense e espállanse pola auga, este proceso coñécese como solubilidade.

De igual modo, as cores non se mesturaron inicialmente ao disolverse ca auga. Isto débese a que cada caramelo contén a mesma cantidade de azucre e colorante, aínda que as cores son diferentes.

De xeito eventual o colorante dos alimentos pode separarse do azucre para espallarse e o prato enteiro converterase nunha mestura nubrada de cor marrón, ao cal coñécese como o fenómeno da difusión.

Variacións: este experimento ofrécenos moitas oportunidades de investigación. Intenta usar diferentes temperaturas da auga, ou utilizar outros líquidos como vinagre branco, leite o zume de limón para descubrir que acontece.

Comentarios