EXPERIMENTO. AUGA QUE SUBE

Como é posible? Ciencia!
Neste experimento veremos como a auga sube polo interior da botella mentres se vai baleirando a auga que puxemos nun prato ou fonte .
Precisaremos:
Unha vela alta
Unha botella de boca ancha ou vaso alto
Mistos ou chisqueiro
Auga coloreada
Un prato ou fonte de cristal

Colocamos unha vela no centro da fonte de cristal. Para isto, ca axuda dalgún adulto pegaremos a vela na fonte dándolle calor con lume no pé da vela. Deixamos que caian un par de pingas de cera da vela no medio da fonte e poñemos con coidado a nosa vela para que quede fixa na fonte. Coidado con esas pingas de cera que queiman moito!

Engadimos a auga coloreada na fonte. Isto facémolo para ver mellor a auga cando sube.

Ca axuda dun adulto prendemos lume a vela con coidado de non queimarnos e colocamos a botella ou vaso de forma que a vela quede no seu interior. Veredes como xa vai empezando a subir a auga e a apagarse o lume da vela por falta de oxíxeno e seguirá subindo a auga pola botella ou vaso.

Como é posible?
O aire que hai no vaso quéntase e ocupa máis espazo. Parte do aire sae por debaixo do vaso ou botella.
A combustión remata co oxíxeno e o aire arrefriase. O aire frío ocupa menos espazo e a presión baixa dentro do vaso ou botella e por iso a auga sube polo interior.
Aquí vos deixo un vídeo onde o podedes ver.
Agardo que o experimento fose do voso agrado e vos sorprendera.
Comentarios
Publicar un comentario