ENREDANDO CON PAPEL 7
Facemos un quebracabezas máxico.
Na sesión de hoxe de papiroflexia levaremos a cabo un quebracabezas, pero non un quebracabezas calquera, faremos un quebracabezas máxico. Será máxico porque tan so con xiralo teremos catro figuras diferentes. A súa realización é moi sinxela e o resultado seguro que vos sorprende. Empregaremos unicamente cartolina, aínda que tamén o podedes facer en papel. Estades listos para comezar co voso quebracabezas? Pois alá imos.


Os materiais que precisaremos para elaborar este quebracabezas serán 8 cadrados de cartolina (ou papel no seu defecto) de 10 cm de lado. Precisaremos 4 dunha cor e 4 doutra cor. Eu empreguei cartolina para darlle máis consistencia á figura e como sempre, aproveitei cachiños que tiña por casa polo que tiven que marcar os cadrados de 10 cm con lapis e despois recortalos.



Collemos un dos cadrados e comenzamos a traballar con el, dobrando pola metade, en diagonal, para deixalo marcado. Como vedes na imaxe levamos a esquina có círculo verde ata a esquina con círculo vermello. Marcamos, desdobramos e facemos o mesmo coas outras esquinas.




Unha vez marcado e aberto, dobramos a cadrado pola metade, levando o borde marcado con raia verde ata facelo coincidir có borde con raia vermella. Marcamos, desdobramos e facemos o mesmo cós outros bordes, raia verde ata a raia vermella.



A continuación, tendo o noso cadrado xa marcado, daremos a volta a cartolina e pregaremos como mostramos na imaxe. As raias marcadas en vermello temos que metelas hacia dentro e levar a esquina superior marcada con círculo verde ata a esquina superior marcada con círculo vermello e o mesmo coas esquinas inferiores, o círculo verde facémolo coincidir co vermello. Ao final teremos unha forma triangular.



Deixamos o noso triángulo na mesa e dobramos na forma que mostra a imaxe. O borde marcado con raia verde levámolo ao medio da figura, marcado con raia vermella. Despois faremos o mesmo co lado esquerdo do triángulo. O resultado será algo similar ao da foto.



O seguinte paso será darlle a volta a nosa figura e facer o mesmo que fixemos anteriormente coas esquinas. Primeiro coa dereita e despois coa esquerda. Levando a raia verde ata a raia vermella do centro. Unha vez feito isto xa rematamos coa primeira folla e reservamos.



Faremos agora o mesmo coas 7 follas restantes ata ter 8 figuras como podes ver na imaxe.

Chega o momento de montar o noso quebracabezas empregando as 8 figuras que fixemos anteriormente. A maneira de unilas será introducindo as pestanas que están marcadas cós círculos verdes dentro das fendas que marcamos coas raias vermellas. Ademais temos que fixarnos ben e introducir as pestanas de detrás non as de diante.


Unha vez introducidas, as baixamos ata que non poidamos máis e dobramos por onde vedes a raia verde, o resultado final será algo parecido ao da foto.




O seguinte paso será ir facendo o mesmo con cada figura, iremos intercalando as figuras de cores e unímolas todas. Lembrade o procedemento, introducimos as pestanas traseiras de cada figura nova nas fendas ou ocos da peza xa colocada e despois dobramos. Farémolo con paciencia e o rematar teremos algo similar ao da imaxe.



Chega o momento de dar o derradeiro paso para pechar o noso quebracabezas e deixalo unido. O que faremos será o mesmo que fixemos ata o de agora, introducir as pestanas que na imaxe marcamos cós círculos verdes dentro dos ocos ou fendas marcadas con raias vermellas. Unha vez introducidas ata o final, dobramos hacia dentro para que quede ben suxeito.



E xa temos listo o noso quebracabezas máxico. E preguntarás por que é máxico? Se vas xirando a figura hacia o interior chegarás a conseguir ata catro formas distintas como vemos nas imaxes.





Seguro que seguindo os pasos que deixamos neste titorial fostes capaces de montar o quebracabezas máxico, agora xa podedes utilizalo e sorprender a todos co seu funcionamento.




E se tivestes algún problema e non fostes capaces de seguir o titorial deixamos un enlace ao titorial pero desta vez en vídeo xa que sabemos que é máis doado de poder seguir. O enlace está quitado de Youtube e subido por “PapiroCrazy”
Agardando que fora do voso agrado despedímonos ata a próxima sesión de “Enredando có papel”.