ENREDANDO CON PAPEL 6
Facemos unha rosa
Seguimos a enredar có papel e hoxe tócalle a vez ás flores. Existen moitos tipos de flores que se poden levar a cabo empregando unicamente papel, clavéis, margaritas, tulipáns…pero no titorial que aquí achegamos intentaremos facer rosas. A súa realización é moi sinxela e o único que precisaremos será: dúas servilletas de cociña, aínda que sirve outro tipo de papel como papel hixiénico, servilletas normais etc., unhas tesoiras e si tiveramos por casa, arame. O arame é opcional, eu empregueino xa que o tiña pero si non contas con el non te preocupes, podes utilizar outra servilleta e listo. Imos sen máis a ver os pasos que precisaremos para facer a nosa rosa de papel.
1. Flores de papel (rosa).![]() |
![]() |
· Como xa comentamos antes o que precisaremos para levar a cabo a nosa rosa serán dúas servilletas de cociña, unhas tesoiras e un cacho de arame. Si non tiveramos o arame non pasa nada, nese caso empregaríamos unha servilleta máis, tres en vez de dúas.

· O primeiro que faremos será coller as servilletas e separar as capas que teñan, no meu caso estaban compostas de dúas capas.


· Unha vez separadas as capas, poñémolas unhas enriba das outras e cortamos pola metade.


· Volvemos a poñelas enriba e cortamos outra vez pola metade como se aprecia na imaxe, a continuación poñemos todas as capas xuntas. O que estamos facendo é contar có maior número de capas posible xa que isto fará que a nosa rosa quede mellor.



· O seguinte paso que faremos será comezar a dobralas como un acordeón, primeiro hacia arriba e despois hacia abaixo. O resultado final será algo similar o mostrado na imaxe.




· A continuación colleremos o arame e fixaremos ben as follas pola metade como indicamos na foto.


· Se non contamos có arame, colleremos a outra servilleta e faremos con ela unha variña, dándolle voltas, e empregaremos esta variña para atar polo medio os papeis que temos dobrados.


· Agora o que faremos será redondear ambos lados coa tesoira como mostra a imaxe, recortando pola marca vermella.


· Unha vez cortados os dous lados, abriremos un pouco a servilleta que estaba dobrada en forma de acordeón.

· Chegamos ao punto máis delicado e no que máis paciencia debemos de ter. Iremos collendo unha a unha as diferentes capas de papel e irémolas subindo hacia arriba, achegándoas ao centro da flor. Primeiro unha capa do lado dereito e despois unha capa do lado esquerdo, alternando, ata facelo con todas as capas da flor.





· Unha vez teñamos todas as capas levantadas, xa temos a nosa rosa feita.



Vistes que ben quedaron as nosas rosas e que doado foi facelas?


Se quedaches con ganas de máis e atréveste a probar outros modelos de flores de papiroflexia, deixamos o enlace a un titorial atopado en youtube e subido por “Ideas en 5 minutos” onde mostra 21 flores distintas que podes facer empregando papel e outros materiais. :
E agardando que o titorial fora do voso agrado despedímonos por hoxe.