ENREDANDO CON PAPEL 5
Ra saltarina
O que vos propoñemos hoxe é a realización dunha ra saltarina. A ra saltarina fará que pasemos uns momentos divertidos e incluso organizar competicións de salto ou carreiras con outras persoas.Para facer a nosa ra saltarina precisaremos unha folla cadrada. Esta vez empreguei cartón que tiña por casa pero recoméndovos que empreguedes papel xa que esta figura ten moitas dobreces e có cartón é máis complicado (fixen outra con papel e incluso saltaba máis), e si o papel é reciclado, por exemplo aproveitando algún que xa temos pintado ou debuxado, moito mellor. O primeiro paso que faremos será dobrar a folla pola metade, facendo coincidir o borde verde co vermello como amosamos na imaxe.
![]() |
![]() |
A continuación xiramos a folla hacia a dereita deixando a parte aberta hacia arriba. Unha vez feito, levamos as esquinas inferiores ata a metade superior da folla, primeiro a dereita e despois a esquerda. Seguide os pasos mostrados nas imaxes, levamos o círculo verde ata o círculo vermello.
![]() |
![]() |
![]() |
A continuación, volvamos a abrir e facemos o mesmo coas outras esquinas, o proceso é o mesmo, levamos o círculo verde ata o vermello.
![]() |
![]() |
Agora que temos un triángulo, dobramos pola metade, coma sempre levando círculo verde ata o vermello.
![]() |
![]() |
O seguinte paso consiste en desdobrar o que fixemos e darlle a volta á folla. Dobraremos agora levando o borde da dereita ata a metade da folla. Observa a imaxe e leva a raia verde ata a vermella. Despois faremos o mesmo coa parte esquerda.
![]() |
![]() |
![]() |
A continuación, desdobramos outra vez dende o medio ata fora e dámoslle a volta á folla.
![]() |
![]() |
![]() |
Unha vez dada a volta, premeremos os dous puntos que sinalamos nas imaxes, isto farémolo para que se marquen máis as dobreces, marcadas na imaxe con raias vermellas, xa que serán fundamentais para entender o seguinte paso.
![]() |
![]() |
O seguinte paso que faremos será quizais o máis complicado. Colleremos o cadrado da esquerda e intentaremos pregalo sobre si facendo un triángulo. Como podedes ver na imaxe intenta cóllelo desa maneira e facer coincidir a raia verde pequena coa vermella e a raia grande verde coa vermella. Repetiremos este paso có cadrado da esquerda.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Unha vez teñamos a forma de rombo, xiraremos deixando a raia do medio en horizontal. Despois levaremos a esquina da dereita ata a esquina de arriba. Como ves na imaxe, fai coincidir o círculo verde co vermello. O mesmo teremos que facer coas catro esquinas.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A continuación levamos o borde marcado coa raia verde ata o borde marcado coa raia vermella, fíxate nas imaxes que seguro fan máis doado os pasos a seguir. Isto teremos que facelo tamén nos catro lados. Ó final deste proceso deberíamos ter algo como o mostrado na imaxe.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Despois dámoslle a volta a nosa figura e dobramos a punta de abaixo hacia arriba, hacia o medio. Coma sempre, o círculo verde ata o círculo vermello.
O seguinte paso será dobrar o lado marcado coa raia verde facéndoa coincidir coa raia vermella como indica a imaxe, e despois repetir co lado da esquerda. Son moi repetitivo pero fíxate ben pois é importante, a raia verde hacia a raia vermella.
![]() |
![]() |
Unha vez fagades este paso, observaredes que o triángulo que temos formado na parte de abaixo ten dous ocos nos que imos a meter as puntas que nos quedaron das últimas dobreces. Introduciremos as puntas neses ocos para que a nosa ra quede ben suxeita. Como vedes na imaxe, a punta có círculo verde metémola no oco marcado con raia vermella.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Xa estamos rematando a nosa ra saltarina, fáltannos soamente os derradeiros pasos que serán os que fagan que a nosa figura salte. O que faremos agora será darlle a volta a nosa ra e dobrala pola metade, faremos coincidir a raia verde coa vermella.
Unha vez feita esta dobrez faremos outra similar, pero esta vez hacia arriba levando a raia verde hacia a vermella, ao final teremos algo semellante ao mostrado na imaxe.
![]() |
![]() |
Apertamos ben, pintamos uns ollos e xa temos a nosa ra saltarina. A que estás agardando para probala?.
![]() |
![]() |
![]() |
E despois de tantos pasos e dobreces xa temos feita a nosa ra saltarina, levounos un pouco de tempo pero seguro mereceu a pena.
Xa vistes que có papel ademais de facer figuriñas tamén podemos facer xogos e xoguetes para enredar e xogar coa familia, compañeiros/as e demais.
Agardando que vos resultaran interesantes estas ideas, despedímonos por hoxe.