En Xogo!: Tres en raia
Botamos unha partida ao tres en raia? Imos aló!.

É un divertido “xogo de sempre” que fomenta a concentración, a coordinación ocular- manual e a estratexia.
Propoñémosvos facer o voso propio taboleiro ben seguindo a modelo para imprimir que deixamos abaixo ou a que vos chiste máis mentres teña os 9 espazos divididos nun folio, cartolina ou cartón. Seguro que vos quedan xenial. Se vos animades, esperamos as fotos do voso xogo!
Cada quen precisará 3 “fichas”. Seguro que tendes tapóns na casa que podedes decorar de 3 en 3 para cada xogador/xogadora. Outra opción sería pintar pedras, facer un equipo de cunchas e outro de tapóns,... Todo vale mentres fagades dous grupos de tres. Imaxinación ao poder!.
Debedes poñer 1 ficha por quenda ata que un/unha dos/das participantes consiga unha líena horizontal, vertical ou diagonal.
Modelo de tres en raia
Sorte!