DIVERENXEÑO: UNHA MENSAXE SECRETA
Ola nenas e nenos!

Atrevédesvos? Imos aló!
Para facer este experimento precisaremos:
Medio limón Auga Un recipiente Unha culler Un “bastoncillo” Un papel Unha lámpada |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Seguiremos estes pasos:
1. Esprememos o zume do limón no recipiente, quitándolle as pebidas.
2. Engadimos unhas gotas de auga e mesturamos coa culler.
3. Mollamos o algodón do “bastoncillo” nesa mestura (é a nosa tinta máxica!!).
4. Agora escribimos a mensaxe que queremos no papel co “bastoncillo”. Utilizade todo o voso enxeño!
5. Por último, unha vez que secara o papel, entregarémoslle a mensaxe á persoa destinataria. Teremos que dicirlle que para lela, terá que pedirlle a un adulto (de confianza) que lle axude a suxeitar o papel sobre unha lámpada incandescente, así todo sairá á luz!
Agora necesitades saber que ocorreu! Preguntarédesvos... por que isto é posible? Pois contámosvos!
O zume de limón contén compostos de carbón incoloros, mais, ó aplicarlle calor oxídanse e mudan de cor marrón! Este é o motivo polo que se pode ler a mensaxe ó poñer a folla sobre unha lámpada!
Isto tamén o podedes comprobar se colledes un limón e o deixades na repisa da ventá onde lle dea o sol. Co paso do tempo veredes como se pon marrón a consecuencia da oxidación.
Esperamos que o probedes! Nós tamén o fixemos, queredes ver o segredo? Aí vos vai...

Photo by Park Troopers on Unsplash
Comentarios
Publicar un comentario