DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. ACTIVIDADES E RECURSOS

Moi boas!!!
Hoxe día 5 é o día Mundial do Medio Ambiente así que vou a propoñer algunhas actividades e recursos que podes facer.

Primeiro imos ver que é o medio ambiente e para iso preme aquí.

Segundo, agora que sabemos o que é, imos reflexionar sobre como nos comportamos con el neste vídeo.

Terceiro déixovos unha chea de cousas que podedes facer para coidar o medio ambiente:
1. Preparar un ambientador caseiro plantando flores ou plantas aromáticas.
2. Sementar un pequeno horto na terraza, balcón ou preto dalgunha xanela.
3. Preparar un pícnic nalgún parque con froitas e verduras de tempada.
4. Saír a pasear polo campo e observar cuantos papeis hai tirados
5. Escribir sobre a area.
6. Sementar unha faba nun vasiño de cristal con algodón.
7. Visitar algún museo sobre natureza: paraxes, zonas protexidas, mel, algodón...
8. Visitar un viveiro.
9. Pintar pedras cos dedos.
10. Facer un cadro cun lenzo, cola e flores secas.
11. Preparar unha bolsa misteriosa con obxectos naturais para que os teus amigo/as recoñézanos polo tacto.
12. Na estación propia recoller amoras, cogomelos e cociñalas con axuda dun adulto.
13. Cheirar 4 ou 5 tipos de flores cos ollos pechados.
14. Pechar os ollos e falar sobre o que escoitamos nunha contorna natural.
15. Xogar ao agocho.
16. Plantar unha árbore.
17. Ver as estrelas.
18. Dar pinchacarneiros no céspede.
19. Observar e coidar unha tomateira.
20. Visitar algún horto (se non temos un).
21. E FOMENTAR A ECONOMÍA CIRCULAR.

Ata pronto!!!

Photo by Ochir-Erdene Oyunmedeg on Unsplash

Comentarios