DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. COIDEMOS A NATUREZA

Hoxe é o día mundial do medio ambiente, todo o mundo temos claro a importancia do seu coidado, o beneficioso que é para a saúde, a vitalidade e a enerxía que nos causa estar en contacto coa natureza e por suposto os estragos que pode ocasionar senón desenvolvemos con eficacia unhas pautas e hábitos moi básicos que a priori parece que coñecemos. Pero por que entón hai cantidade de consecuencias catastróficas no noso arredor? A que se debe o sufrimento que está a padecer a Terra? O que está claro e que tanto como individuos como a nivel colectivo podemos facer melloras e esforzarnos máis para axudar ao Planeta a repoñerse e evolucionar positivamente.

Para poder sensibilizar aínda que sexa un pouquiño acerca desta problemática, traio unha serie de fotografías coas que vos invito a reflexionar e pensar como podemos axudar a evitar, na medida do posible, imaxes deste tipo. Son cinco ilustracións nas que se mostra o impacto do cambio climático na natureza.

1. Vese claramente o impacto da contaminación, aspecto que repertuce diaramente no medio ambiente. Non soamente a través de fábricas, senón de medios de transporte, maquinarias de distinta índole... pero que podemos facer? Empezade por exemplo a usar máis o transporte público, a bicicleta ou camiñar sempre que se poidades.



2. Nesta imaxe apréciase unha sequía tremenda, fixádevos na árbore e en toda a paisaxe. Para axudar ao ecosistema podedes prantar unha árbore ou comprar produtos ecolóxicos e por suposto reciclar sempre.



3. Na terceira fotografía apréciase unha gran inundación causada polo cambio climático que como é evidente, tamén afecta a animais. Aportaremos o noso grao de area dándolle un mellor uso a auga.



4. Esta fotografía ten moita relevancia tamén pois pódese ver claramente os desperdicios que provoca o ser humano, a cantidade tan grande de residuos e materiais que tiramos sen aproveitar e sen darlle outro uso. Reorientade se é preciso algúns dos vosos hábitos á hora da alimentación por exemplo para evitar botar alimentos ao lixo, lembrade a cantidade de xente que pasa fame diariamente.



5. Non me podía esquecer do derretemento dos casquetes polares, seguro que xa virades imaxes similares, a min dende logo non me deixa de asombrar. Para axudar a evitar estas escenas é preciso realizar un aforro enerxético por exemplo empregando luces de baixo consumo ou apagándoas cando sexa oportuno. Con isto contribuiremos a reducir o quentamento global.



Para rematar deixo unha última fotografía na que se aprecia o antes e o despois do cambio climático no medio ambiente, verdade que é moi significativo? Sen dúbida é moi inquietante e notorio, dende aquí vos animo a seguir estas e outras recomendacións para loitar entre todos e todas contra esta situación. Coidemos a madre Terra!



Vémonos na próxima. Unha aperta!

Fonte

Comentarios