DEBUXANDO CON LIÑAS DE ARAMIO
Hoxe continuamos a nosa aventura artística a través da obra dun dos escultores máis importantes do século XX, Alexander Calder.
As súas esculturas máis famosas son planos de cores que oscilan e se moven co aire pero, nunha época anterior Calder realizaba marabillosas formas de arame que supuxeron toda unha nova maneira de pensar a escultura.

Tradicionalmente as esculturas eran consideradas coma obxectos pesados e compactos, sen embargo estas figuras de arame son gráciles e delicadas.
Podemos ver como gardan gran relación co debuxo, e que, o que fai o artista é case trasladar a liña do papel ao espazo.
O elefante da esquerda é unha escultura, o león da dereita, un debuxo.
Nós hoxe imos facer coma Calder: en vez de un lapis imos usar un arame.
Só necesitaredes un arame fino, canto máis fino máis fácil será moldealo e debuxar con el.
Para cortalo podedes pedirlle a un adulto que vos ensine a usar o alicates ou que vos axude, pero se conseguides un arame bastante fino só teredes que darlle voltas ata que rompa por un punto.
Podedes ir unindo anacos de arame ou utilizar tan só un anaco grande, sen cortalo. Dobrarémolo e enroscarémolo para crear unións das partes coma pernas ou simplemente creando con eses xiros unha decoración.
A Calder encantáballe o mundo do Circo, polo que construíu varios acróbatas con esta técnica.
Tamén fixo retratos de coñecidos
…. e ata animais.

Estas esculturas son moi peculiares porque cambian o seu aspecto dependendo do punto de vista desde o que se lles observe. Ademais contra a luz producen un xogo de sombras que o transforma en debuxos totalmente novos.
QUEREDES PROBAR? Veredes que os resultados son moi divertidos e sorprendentes, porque aínda que ao principio non é doado acaban creándose debuxos inesperados moi simpáticos.
Aquí vos deixo algúns exemplos que fixemos na clase:
Tamén podedes debuxar sobre o papel ou directamente sobre unha fotografía con unha la ou cordel. Non deixará de ser un debuxo, porque a lá non poderedes levantala do papel, pero pode ser un paso intermedio previo ao traballo co arame.
Podedes mergullarvos na obra de Calder na páxina da súa Fundación.
As súas esculturas máis famosas son planos de cores que oscilan e se moven co aire pero, nunha época anterior Calder realizaba marabillosas formas de arame que supuxeron toda unha nova maneira de pensar a escultura.

Tradicionalmente as esculturas eran consideradas coma obxectos pesados e compactos, sen embargo estas figuras de arame son gráciles e delicadas.
Podemos ver como gardan gran relación co debuxo, e que, o que fai o artista é case trasladar a liña do papel ao espazo.
![]() |
![]() |
Nós hoxe imos facer coma Calder: en vez de un lapis imos usar un arame.
Só necesitaredes un arame fino, canto máis fino máis fácil será moldealo e debuxar con el.
Para cortalo podedes pedirlle a un adulto que vos ensine a usar o alicates ou que vos axude, pero se conseguides un arame bastante fino só teredes que darlle voltas ata que rompa por un punto.
Podedes ir unindo anacos de arame ou utilizar tan só un anaco grande, sen cortalo. Dobrarémolo e enroscarémolo para crear unións das partes coma pernas ou simplemente creando con eses xiros unha decoración.
A Calder encantáballe o mundo do Circo, polo que construíu varios acróbatas con esta técnica.
![]() |
![]() |
Tamén fixo retratos de coñecidos
![]() |
![]() |
…. e ata animais.

Estas esculturas son moi peculiares porque cambian o seu aspecto dependendo do punto de vista desde o que se lles observe. Ademais contra a luz producen un xogo de sombras que o transforma en debuxos totalmente novos.
![]() |
![]() |
QUEREDES PROBAR? Veredes que os resultados son moi divertidos e sorprendentes, porque aínda que ao principio non é doado acaban creándose debuxos inesperados moi simpáticos.
Aquí vos deixo algúns exemplos que fixemos na clase:
![]() |
![]() |
![]() |
Tamén podedes debuxar sobre o papel ou directamente sobre unha fotografía con unha la ou cordel. Non deixará de ser un debuxo, porque a lá non poderedes levantala do papel, pero pode ser un paso intermedio previo ao traballo co arame.
Podedes mergullarvos na obra de Calder na páxina da súa Fundación.
Comentarios
Publicar un comentario