COAS MANS NA MASA 5

Palmeiriñas doces

Os meus pequechos e pequechas de “Coas mans na masa” xa aprenderon a facer fai tampo palmeiriñas salgadas, recheas de xamón e queixo. E como aquí temos a mente aberta a novas ideas, e aínda non nos decantamos polo doce ou o salgado.

Aquí vos deixo unha vídeo-receita de palmeiriñas doces (con ou sen chocolate), pois non todos gustamos do mesmo.



É unha receita moi sinxela para facer cos máis pequenos e pequenas da casa, pero os maiores tamén o desfrutamos! Así que, non o pensedes moito e ide poñendo o forno a quecer!
Moito moito amor, que ese ingrediente nunca falte nas nosas vidas.

Receita recollida do instagram de @fritodehuevo