CALIGRAMAS

Unha aposta por un diferente tipo de poesía

Unha boa proposta para que poidan facer os cativos na casa son os CALIGRAMAS. Trátase de poesía visual, é dicir, presentar unha poesía a través de figuras representativas do tema do que trata. É unha boa maneira para que os/as máis pequenos/as se acheguen ás poesías e permítelles traballar a lectura e a comprensión dun texto e fomentar a súa creatividade. É importante que entendan que non se trata de realizar calquera debuxo que se lles ocorra, ten que estar relacionado coa poesía que acaban de ler: A imaxe ten que representar ó contido.

Non ten que realizarse unicamente con poesías tamén podedes recorrer ás adiviñanzas, neste caso unha opción é intentar debuxar a solución das mesmas. Un exemplo que vos poño feito por María, unha cativa na casa:


Os caligramas aparecen no século XX, no París de 1907 e ligado ó movemento coñecido como Cubismo Literario, que buscaba rachar co tradicional. Pero non resultan tan innovadores xa que as súas orixes pódense rastrexar anteriormente como é no caso de certas composicións que atopamos na literatura árabe ou na chamada, “carmina figurata” nos que se evidencia a estreita relación entre a letra e a palabra.

Guillaume Apollinaire, que no 1918 publicou "Calligrammes. Poèmes de la Paix et de la Guerre (1913-1916), alcanzou un notable éxito na elaboración dos mesmos, os que chamou ideogramas líricos. Un dos máis coñecidos:



Para a elaboración deste texto foi consultado: wikipedia
Photo by C.J. Ferrera on Foter.com / CC BY-NC

Comentarios