AVIÓN CON PAUS DE XEADO

Para facer o teu propio avión con paos de xeado necesitas:
  • Rotuladores (tamén podes pintar con témperas, ceras manley...).
  • 2 paos de xeado grandes.
  • 1 pao de xeado pequeno.
  • 1 pinza (mellor de madeira).
  • Pistola de silicona ou pegamento de contacto.


Unha vez teñas os materiais... comezamos!

Primeiro hai que pintar os paos de xeado (polos dous lados) e a pinza (polos dous lados e os laterais. Podes decoralos como ti queiras!

Cando remates, déixaos secar un chisco.



Cando estea todo seco, comezamos a pegar as partes. Pídelle axuda a unha persoa maior, xa sabedes que a silicona quente queima moito!! ;)

Debes pegar os paos máis grandes enriba do metal no que se engancha a pinza. Logo, pega o pao máis pequeno na parte aberta da pinza.



Deixa que se seque e...

O teu avión xa está listo para que poidas xogar con el!!



FONTE: elaboración propia a partir de Charhadas

Comentarios