ATREVÉDESVOS?

Bueno, bueno… vexo que por aquí aínda non andan moitos mozos ou mozas metidos/as no asunto…
E por iso, e pensando nos meus rapazolos e rapazolas do clube xuvenil, veño a traer unha proposta que seguro que vos gusta.
Quen quere descifrar pistas ou enigmas nun tempo límite?

Adentrámonos entón, nos xogos de escape ou escape room, que aínda que me imaxino que sabedes o que son, non está de mais recordalo.

Un xogo de escape ou escape room é unha actividade lúdica deseñada para equipos onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar dunha habitación antes de que finalice o tempo dispoñible.

Xa sabemos, que agora non se pode saír da casa… e facéndoos tampouco o conseguiremos… Pero, podemos xogar?

Polo que sei, e o pouco que coñezo, xa existen varias propostas online para xogar en equipo ou de maneira individual dende as vosas casas. Por iso, gustaríame compartir con vós algunhas das que puiden atopar investigando nas redes…

A primeira proposta está elaborada por unha sala que se atopa na nosa cidade, en Santiago de Compostela “ The Paradox Room” que en colaboración con “Exit Room Escape” propoñen un xogo de escape virtual para que poidas resolver na túa propia casa en solitario ou con que te atopes illado.

Chámase “APOCALIPSIS HIGIÉNICO”

No seguinte link, atoparedes toda a información que precisades para poñer a traballar a vosa mente… Seguro que o pasades xenial e o tempo vos pasa voando!

E outra das que me pareceu interesante compartir está elaborada por “Cazadores escapistas” unha parella de madrileños con 269 escape rooms xogadas, que decidiu crear escape rooms colaborativos vía web para poder gozalos tanto en parella, como en equipos. O nome dos mesmo, “La cura del virus”, tal vez, poida está relacionado coa situación actual… Xa me contaredes!
Podedes atopalos neste enlace.

Espero que consigades escapar e que me contedes que tal a experiencia!
Desfrutade moito ;)

Photo by NeONBRAND on Unsplash