APERITIVOS

1. “Crackers” de anchoa
Esta modalidade de galletiñas salgadas son ideais para merendar ou picar antes de cear. Ademais de estar ricas é unha maneira sinxela de consumir anchoas, un alimento que, en principio non entusiasma a moita xente, sobre todo ós máis pequenos.Ingredientes (para unhas 40 uds.):
- 55 gr fariña
- 55 gr manteiga
- 30 gr queixo parmesano raiado
- 4 anchoas
- pementa negra
Unha vez que temos a masa lista envolvémola en “film” tal e como se ve na imaxe e meterémola na neveira (como mínimo 1 hora) para que adquira consistencia e firmeza. Mentres tanto poñemos o forno a quentar a 200° e engraxamos a placa do forno cun pouco de aceite vexetal axudándonos dun pincel de cociña (se non temos podemos facelo con papel de cociña).

Unha vez que a masa estea o suficientemente fría para traballala debemos estendela sobre unha superficie lixeiramente enfariñada. Coa axuda dun rolo procedemos a estirar a masa dándolle 0,5 cm de grosor, aproximadamente. Agora cortaremos a masa coa axuda dun corta pastas (un de 3 cm sede diámetro sería ideal) e reutilizaremos os recortes sobrantes amasándoos de novo para poder crear máis formas redondas. En caso de non contar con un corta pastas podemos cortalas con coitelo e darlle unha forma cadrada.

Por último, dispoñemos as galletiñas sobre as placas e metémolas ó forno uns 6 minutos, ata que se douren. Unha vez que as retiremos debemos deixalas arrefriar.

2. Salsa de alcaparras e cabaciña.
Esta é unha salsa lixeira e moi saudable cunha textura suave e cremosa ideal para acompañar coas galletiñas anteriores. Ademais podemos servila fría ou quente.Ingredientes:
- 3 cabaciñas
- ½ allo
- 2 culleres pequenas de alcaparras
- 2 culleres de aceite de oliva
- ¼ do zume de 1 limón
- sal
Mentres, picamos ½ allo. Unha vez que o cabaciña estea listo pasarémolo ó vaso da batedora e agregamos os demais ingredientes: as alcaparras, o allo e o aceite de oliva. Trituramos ata obter un puré sin grumos. Finalmente agregamos sal e zume de limón ó gusto.
Unha opción moi resultona é dividir a masa en 2 partes e a unha delas podemos engadirlle chile picante.

Esperamos que desfrutedes deste aperitivo!
Comentarios
Publicar un comentario