CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Adorno de madeira con paxaros pintados en pedra
Necesitamos estes materiais:
· Un anaco de madeira
· Un pau
· Silicona liquida
· Pinturas acrílicas
· Pincel
· Pedriñas
· Verniz
Pegamos o pau no anaco de madeira coa silicona líquida.
Pintamos na madeira a forma dunha pólas por onde está o pau.
As pedras temos que pintalas cás pinturas de cores acrílicas.
Pintamos os ollos e o pico dos paxariños. E cando teñamos xa a pintura seca pegamos as pedras no pau que fai de pólas. Vernizamos todos e xa temos o noso adorno de paxariños.
Comentarios
Publicar un comentario