ACTIVA A TÚA MEMORIA 2

Que toca hoxe?

Como imos por aí? Hoxe, imos comezar quentando un pouco esa mente cun pequeno xogo no que seguro que rompedes a cabeza… Que vos parece?

Avenida Complicada
Nesta 'Avenida complicada' hai cinco casas numeradas: 801, 803, 805, 807, 809, de esquerda a dereita. Cada casa caracterízase por unha cor diferente, a nacionalidade do propietario, por un coche cada un dunha marca, por unha bebida e por un animal. As informacións para a solución son:

O mexicano vive na casa vermella.
O peruano ten un coche Mercedes.
O arxentino ten un cachorro.
O chileno bebe coca-cola.
Os coellos están á mesma distancia do Cadillac que da cervexa.
O gato non bebe café nin habita na casa azul.
Na casa verde bébese whisky.
A vaca é veciña da casa onde se bebe coca-cola.
A casa verde ten como veciña á súa dereita a casa gris.
O peruano e o arxentino son veciños.
O propietario do Volkswagen cría coellos.
O Chevrolet pertence á casa vermella.
Bébese Pepsi-cola na casa terceira.
O brasileiro é veciño da casa azul.
O propietario do Ford, bebe cervexa.
O propietario da vaca é veciño do dono do Cadillac.
O propietario do Chevrolet é veciño do dono do cabalo.
Unha das casas é amarela.

Tranquilos e tranquilas, que aquí vos deixo algunha pista…


Solución

E agora, que tal algún exercicio?

Ordena as seguintes palabras e descobre a frase:
 mellor, hai, ter, que, alegres, non, medicina, pensamentos

Ordena alfabeticamente as seguintes palabras:
1º papel, xogo, pensamento, horizontal, sopa, circo, armario, estoxo, arco
2º estómago, primavera, liberdade, libro, lectura, edificio, teléfono, televisor, telegrama.

Agora si, para rematar, quen se atreve a buscar diferencias?




Espero que aproveitásedes para activar esa memoria e para desconectar un pouquiño de todo isto… Como me gustaría poder desfrutar desta clase de memoria todas e todos xuntas e xuntos.

Un saúdo e moita saúde.

Recursos elaborados con Canva
Adiviñanza recuperado de Tafadycursos
Exercicios recuperados de Miterapiasinfronteras