ACTIVA A TÚA MEMORIA 1
E SE FACEMOS UNHA FICHA?

Pois aí ven, unha desas fichas que tanto vos gustan. Neste caso, un pouco diferente, xa veredes...
1º Déixovos un texto que debes ler 3 veces, como adoito facer eu na clase, despois de lelo, teredes que resolver unhas preguntas e un xogo relacionado co mesmo…
Adiante, xa podedes comezar
Como se numeran as rúas?
Na gran maioría das cidades, a numeración parte do punto máis próximo á Praza Central, Praza Maior, Concello, ou un lugar emblemático.
Exemplos: No caso de Madrid, ese punto é a praza de Porta do Sol. En Sevilla, o que era o antigo centro da cidade (hoxe rúa José Gestoso). En Zaragoza, o cruzamento das rúas César Augusto, Coso e Conde Aranda, etc.
Por contra, nalgunhas cidades costeiras, a numeración parte do mar cara á montaña (é o caso de Barcelona).
En todos os casos, sitúanse os números pares na beirarrúa da dereita e os impares na esquerda, no sentido crecente da numeración.

Agora veñen as preguntas…
E para rematar, toca atopar nomes de rúas do barrio de Vite na seguinte sopa de letras
Espero que vos gustase a actividade de hoxe, eu estou desexando poder facela todas e todos xuntas e xuntos.
Un saúdo e moita saúde.
Texto recollido de Agora
Recursos elaborados con Educaplay
Photo by Belinda Fewings on Unsplash