A ODISEA
Redescubrindo aos clásicos
"A Odisea contada aos nenos", "neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar Poseidón, quérelle facer mal. Non obstante, protéxeo a deusa da sabedoría, Atenea. Ulises ten que enfrontarse a un xigante monstruoso dun só ollo, a unha maga que converte en porcos os seus compañeiros e a moitos outros perigos" (texto: editorial). Está dispoñible na plataforma de empréstamo de libro en galego, Galiciale.
Título: A Odisea contada aos nenosAutor: Rosa Navarro Durán
Ilustrador: Francesc Rovira
Editorial: Rodeira
Ano edición. 2014
Páx: 2019
ISBN: 9788434921985
Proposta de actividade:
-Así como na historia que acabamos de ler Ulises navega polo Mar Mediterráneo podemos facer un barco de papel.
1.-Coloca unha folla en branco enriba dunha mesa, en sentido horizontal.

2.-Dóbrao pola metade. Marca moi ben a dobrez.

3.-Xiramos 90 º enriba da mesa cara a esquerda. Dobramos cara o interior e ata o centro os dous extremos da folla da parte superior, que é a que está unida. Non se poden solapar. Marca ben a dobrez.

4.- A parte da folla sobrante que é a que atopamos na parte inferior tras facer o punto 2 dobrámola cara a parte superior. Ten que quedar superposta á figura que fixemos no punto 2. Pero só unha cara.
![]() |
![]() |
5.-Dámoslle a volta ao papel e repetimos esta última operación, pero coa outra cara. De tal forma que no medio debe quedar un triángulo.

6.-As solapas que sobresaen polas esquinas dobrámolas seguindo a liña que forma os lados triángulo.
![]() |
![]() |
7.-Agora, temos que abrilo e volvelo a pregar pero no outro sentido ao que abrimos.
![]() |
![]() |

9.-Dámoslle a volta ao rombo e repetimos a mesma operación. Unindo as esquinas (a da parte superior coa a da parte inferior). Se o fixestes ben teredes de novo un triángulo.

10.-Volvemos a abrilo.

11.-Volver a dobralo no outro sentido de tal xeito que teremos a forma dun rombo.

12.- Dámoslle a volta (deixando a apertura cara abaixo) e estiramos polos extremos. Agora só temos que darlle forma.
![]() |
![]() |
Unha vez que o teñades feito (podedes facer varios e de distinto tamaño) poñéndolle nome e decorándoos (podedes empregar distintos tipos de papel) preparades un xogo de puntería: colocádeos enriba de distintas sitios (da mesa, nos estantes...etc) e con distintas alturas e facedes boliñas de papel (se as pintades de negro poden pasar por minas) para intentar derribalos.








Comentarios
Publicar un comentario