A NOSA MEMORIA 3
CARTA DO CONFINAMENTO

Os puntos que desenrolaremos ,na orde e maneira que desexedes, serán os seguintes:
- Como é a vosa visión de toda esta situación que estamos a vivir.
- En que cambiou a vosa vida durante estes 40 días confinados e en que medida vos afectou.
- Que é o que peor levades do confinamento? E o mellor?
- Listaxe das actividades que facemos de cote. Que actividades ou novos hábitos/costumes temos, que antes non formaban parte, do noso día a día?
- Que é o que máis votades en falta ?
- Momentos e boas anécdotas que vos acontecesen estes días e vos sacasen un sorriso
- O primeiro que faredes cando todo isto pase...
- Proxectos e plans que tedes para o futuro ( viaxes, actividades...)
- Mensaxe positivo e alentador .
Escribiremos a carta nun folio ou papel de libreta que teñamos pola casa, un lapis ou bolígrafo, e a escribir ...
Podemos escribila nos mesmos, non debe importarnos a letra, nin os erros que se poidan cometer o redactala, o importante é o contido ,o que vos contedes, o voso xeito e maneira ,que de seguro será estupendo. Outra opción será narrarlle a alguén o contido da vosa carta para que a escriba por vós, o cal terá o mesmo mérito e valor , xa que as vosas ideas son o importante a escritura , algo secundario.
Enriba imos poñer a data do día que a realizamos, o nome de a quen vai dirixida ( familiar, amigo...)e a vosa sinatura o remate da mesma.
Imos aproveitar a dar un repaso as fotos que temos pola casa, na procura de algunha foto con esa persoa a que diriximos a nosa carta, e se temos sorte e atopámola , podemos engadila tamén a nosa carta, personalizándoa un pouquiño máis.
Seguro pasades un bo anaco e facedes un traballo magnifico.
Sería un pracer desfrutar das vosas cartas e de vos!!
Photo by Debby Hudson on Unsplash