CESTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL: Xogo Password

Gústavos os xogos de palabras? Adiviñar termos concretos? 
Se a vosa resposta é afirmativa seguro que este xogo vos vai a gustar. É similar o tabú que xa o explicamos fai un tempo, podedes mirar a entrada, pero cunhas diferenzas que fan que a dinámica sexa divertida e motivadora.

Consiste en adiviñar passwords, de aí o nome, xógase en parellas de tal maneira que cada persoa deberá dar pistas para que o compañeiro ou compañeira acerte o termo a describir. 

Poderá dar en total cinco pistas pero en cada unha delas deberá dicir soamente unha palabra. Non se poden facer xestos e tampouco valen palabras ca mesma raíz do password a acertar. Haberá que adiviñar cinco palabras en 30 segundos, senón se da cun termo poderase pasar e continuar co seguinte. 

Cada acerto conta un punto, en total por cada tarxeta serían como máximo 5. Como consello podedes dicir o antónimo do password cando sexa posible. Gaña a parella que máis puntos consiga.

Para que poidades comezar a divertirvos elaborei unhas tarxetas a modo de exemplo, listas para imprimir e usar. Non obstante vos animo a crear as vosas propias.

Espero que as usedes e vos sexan de utilidade! Unha aperta!

TARXETAS PASSWORD

Fermoso
Televisión
Día
Correr
Camiseta
Vencer
urmir
Dedo
Rosa
Atardecer
Praia
Cabelo
Lapis
Triunfo
Navegar
Río
Preguntar
Exame
Pequeno
Ordenador
Aceptar
Gato
Cama
Vaso
Fotografía
Agasallo
Nadar
Pasear
Amar
Lonxe
Mar
Guerra
Traballar
Soñar
Debuxo
Pasado
Can
Boneco
Pechar
Ollos
Estudar
 Canción
Odiar
Árbore
Avión
Saída
Programa
Colexio
Carreira
Gorro
Vivir
Monte
Regar
Crema
Sol
Elefante
Feo
iso
Vacacións
Planta
Cociñar
Pez
Falecer
Radio
Nai
Coello
Libro
Bailar
 Chorar
 Tenda
Rato
Camión
Gordo
Baño
Sorte
Pai
Neve
 Berrar
Saia
Branco
Santiago
Corda
Veciño
Mercar
Lúa
Pelota
 Cabalo
 Longo
Bicicleta
 Policía

Comentarios