XOGO HEURÍSTICO

O xogo heurístico é unha evolución do cesto dos tesouros e igual ca este atribúeselle á psicopedagoga británica Elionor Goldschmied, aínda que é maiormente coñecido por María Montessori que inclúeo nas súas actividades.
IDADE
A idade aconsellada é sobre o ano, cando o cesto dos tesouros xa non amosa tanto interese para as crianzas.QUE É
Consiste nunha actividade que permite a exploración, dunha serie de obxectos non estruturados, de xeito libre.A actividade consta de tres fases:
A presentación: Os obxectos ofrécenselle as crianzas dentro de diferentes bolsas de algodón, ou outros materiais naturais, pechadas cun lazo. Os elementos deberán de estar clasificados, para iso axudarémonos das diferentes bolsas.
Por exemplo obxectos de madeira, metálicos, de cartón, pequenos – grandes ...

A exploración dos diferentes materiais: debe ser libre, pero os materiais deben permitir accións tales coma: emparellar, abrir, encher, tapar, apertar, clasificar, emparellar...

Clasificación e recollida dos materiais: cando vemos que o interese das crianzas comeza a decaer pediremos que nos axuden a recoller segundo a clasificación feita na presentación.
Aquí o adulto pasará de observador a ser unha parte máis activa, deste xeito poderá ir orientando na clasificación, se fose necesario.

QUE PODES METER
Materiais presentes na natureza: noces, abelás, piñas, cunchas, cantos de río, cítricos...Materiais de fibras naturais: pezas de rafia tecida, pinceis, brocha de barbear, cepillo de dentes, perlas enfiadas...
Materiais de madeira: aneis de cortinas, caixiñas pequenas...
Materiais de coiro e outros tecidos: pompóns ou borlas de la, bolsiñas...
Materiais de metal: chaves nun anel, cadeas de diferentes lonxitudes...
Materiais de papel e cartón: caixas de ovos, cilindros de diferentes tipos, caixas de diferentes formas e tamaños...
Materiais varios: tapóns de botellas de plástico e cortiza, pelota de tenis, pelota de golf...
BENEFICIOS
Esta actividade contribúe a concentrar a súa necesidade de descubrimento a través da manipulación.Traballamos a atención, a autonomía (mellorando polo tanto a autoestima), o sentimento de logro–fracaso, o pensamento lóxico, conceptos como dentro-fora, arriba–abaixo, grande–pequeno.
Contribuímos ao desenvolvemento da motricidade fina, ao refinamento dos sentidos, á coordinación óculo-manual, á curiosidade.
Deste xeito a crianza poderá ir explorando os obxectos coma guste. Sendo autónoma nos seus movementos e nos seus descubrimentos e aprendizaxes.
Soamente na terceira fase da actividade estaremos activas dando as pautas xustas para realizar a clasificación satisfactoriamente. Por exemplo: dicindo frases coma “aquí meteremos os tapóns”, “os obxectos de cartón coma este van nesta bolsa”.
Fonte: Blog Creciendoyciando
Valente, D. (2018) Como liberar o potencial do voso neno. Actividades inspiradas no método Montessori 0-2 anos. Catroventos.
O PAPEL DA FIGURA DE APEGO
O voso papel é o de observador. A crianza precisa que esteamos presentes e atentas, pero nun segundo plano. A nosa presenza proporciona seguridade a crianza.Deste xeito a crianza poderá ir explorando os obxectos coma guste. Sendo autónoma nos seus movementos e nos seus descubrimentos e aprendizaxes.
Soamente na terceira fase da actividade estaremos activas dando as pautas xustas para realizar a clasificación satisfactoriamente. Por exemplo: dicindo frases coma “aquí meteremos os tapóns”, “os obxectos de cartón coma este van nesta bolsa”.
Fonte: Blog Creciendoyciando
Valente, D. (2018) Como liberar o potencial do voso neno. Actividades inspiradas no método Montessori 0-2 anos. Catroventos.