XOGO DE AXILIDADE VISUAL

Material
Lapis, folios, tesoiras, rotuladores, vasos iogur anchos e coa base redonda (fáciles de encaixar un dentro de outro), pegamento de barra.

Imos a deseñar o xogo…
1. Recortamos cadrados en folios, de aproximadamente, 10x10 cm. e debuxamos dentro figuras recoñecibles, de diferentes cores. Estes son algúns exemplos, pero podedes facer os que queirades!



Despois collemos un vaso de iogur e marcamos a súa circunferencia nun folio. Marcarémola 18 veces, tantas como imaxes teñamos nas fichas, e as recortamos.



Debuxamos as mesmas figuras das mesmas cores que temos nas tarxetas en cada círculo.



Pegamos os círculos de papel cos debuxos no fondo de cada vaso de iogur.



Quedarannos así:



Imos a aprender como se xoga…

Haberá 2 xogadores e unha persoa que será a encargada de sacar as fichas.
A persoa que saca as fichas comeza sacando unha e a coloca encima da mesa.



Os outros 2 xogadores, terán que ser moi rápidos e ser o primeiro en coller o vaso que ten ese debuxo.
Continúase sacando fichas, e os xogadores teñen que ser máis rápidos que o seu contrincante.



Gaña o xogador que consiga máis pezas!