XOGA QUE TE XOGA. PALABREA
PALABREA
Ola, ola!
Hoxe traemos unha demo dun xogo moi chulo que se pode descargar e que se empregará para estimular a mente, traballar a linguaxe e ademais pasalo ben!
Eu aínda non o puxen en práctica nas miñas clases de memoria, pero en canto retomemos a actividade, será o primeiro que faga.
Este recurso non é solo para xogar con nenos e nenas, pódese empregar para traballar con todas as idades (+6 anos).
Pois como di George B. Shaw “Non deixamos de xogar porque nos facemos maiores, nos facemos maiores porque deixamos de xogar».

Pero… como se xoga?
Antes de nada, teremos que preparar as nosas cartas.
Para iso precisamos unha impresora, folios, tesoiras e pegamento. E todo isto podemos facelo en familia. Que mellor que pasar o tempo xuntos nestes días?
E agora… Cando todo este cociñado podemos comezar.
Vale, vale, xa explico como se xoga… Non sexades impacientes!
Colocade o mazo de cartas no centro da mesa coa cara da categoría cara arriba.
Cada xogador ou xogadora, na súa quenda, xira a carta superior e colócaa xunto ao mazo de cartas coa cara das letras cara arriba.
A primeira persoa en dicir unha palabra, que comece pola letra da mesma cor que a da categoría, colle a carta volteada.

E así, ata rematar o mazo.
E quen gaña?
Pois gañaría a persoa que máis cartas teña ao final da partida. Pero o obxectivo non é gañar, é desfrutar, pasar un bo rato e activar a mente que boa falta fai nestes días!