XINCANA LITERARIA
Hoxe vos traemos unha actividade de animación á lectura coa que poderedes divertirvos en familia. Os libros son moi importantes, enriquecerse culturalmente, aprender novos termos, vivir aventuras a través dos protagonistas, viaxar e coñecer outras ideoloxías... todos estes conceptos e moitos máis fan que aprendamos e vivamos maneiras lúdicas e dinámicas de pasar o tempo libre. Non se trata soamente de introducirnos na historia, senón de comprendela e sentila en tódolos seus campos.
A continuación vos propoñemos 15 probas para realizar pero cunhas pequenas regras que farán máis ameno e entretido este percorrido pola lectura. Para cada unha delas teredes un tempo máximo de 5 minutos para responder, podedes facelo individualmente ou competir en pequenos grupos, incluso podedes xogar con compañeiros e compañeiras a través das redes sociais. Antes de empregar o uso de internet, intentar pensar a resposta e usar textos, biografías ou calquera fonte que teñades pola casa, incluso a imaxinación!

Listos? Comezamos! Lembrade poñer un reloxo e contar o tempo.
1. Nunha biblioteca atopamos moitos libros, pero que outros documentos hai? Nomeade mínimo cinco.
2. Deberedes conseguir catro persoas que vos digan o último libro que leron, podedes empregar calquera tipo de fonte de contacto.
3. Saberiades mencionar nomes de nenos ou nenas protagonistas dalgún conto?
4. Resolvede estas adiviñanzas, son todos personaxes que aparecen nos libros.

- O meu pai levoume o bosque e sinalei o camiño marcándoo con pedras para así poder volver.
- A miña familia son todos animais, me criei arredor deles.
- O meu soño fíxose realidade, a madeira axudoume a conseguilo.
5. Teredes que nomear polo menos cinco libros que leven no seu título o nome dun protagonista do mesmo.
6. Cales son as cousas que non se poden facer nunha biblioteca? Nomeade mínimo cinco delas.
7. Buscade catro persoas que vos digan catro nomes de escritores ou escritoras coñecidos, para elo podedes empregar novamente contactos nas redes sociais ou outras vías.
8. Continuade este texto de maneira que teña sentido, dándolle un final sorprendente.

“Érase unha vez unha fermosa rapaza que era moi alegre e simpática, ata que un día súa nai atopouna moi inquieta e asustada..."
9. Agora hai que debuxar a portada dun libro que estea relacionado co misterio.
10. Escribide o nome de polo menos cinco libros relacionados ca conservación do medio ambiente.
11. Pensar todos os contos que posteriormente se converteron en películas.
12. Nomeade todos os nomes de animais que aparezan nalgunha historia de maneira principal.
13. Toca buscar pola casa catro libros, cas palabras dos seus títulos teredes que crear un novo de maneira que teña sentido. Non é necesario empregar todas as palabras dos libros atopados.
14. Pensade en todos os libros que sexan unha triloxía.
15. Por último toca converterse en narradores! No tempo establecido previamente teredes que contar algunha historia, a poder ser pouco coñecida, a outra persoa. O finalizar deberá contarche o que entendeu. Pode ser alguén con quen convivas ou algún contacto a través das redes sociais.