XA PODO SAÍR

Agora podes saír e compatibilizar eses hábitos que fuches cultivando durante o confinamento, pero facendo actividade ao aire libre ao sol… Quero correr moi rápido agora que son libre… pois moito ollo, se antes non corrías agora non o debes facer, a mellor actividade é camiñar, manter un bo ritmo onde sintas que a respiración se activa e o teu corpo entra en calor.
Debemos camiñar tódolos días polo menos 10.000 pasos (algo aproximado) que son uns 6 ou 7 quilómetros. Se queres correr, corre, pero moito ollo vai pouco a pouco, non podemos correr o que non puidemos correr en dous meses. Usa o sentido común e volve pouco a pouco coa actividade, media horiña correndo amodo a primeira semana e en días alternos, e pouco a pouco vaille sumando minutos ao reloxo para atoparte cada vez mellor.
A miña proposta é que organices o traballo ou as túas tarefas e busques una hora para saír a correr, sempre a esa hora para crear o hábito, verás coma o corpo che vai a pedir saír a pasear ou correr.
Por suposto non podes esquecer un bo quecemento, estiramentos ou o fortalecemento da zona abdominal:
QUECEMENTO:
ESTIRAMENTOS:
TRABALLO CORE:
MOITO ÁNIMO E A MOVERSE!!!!!!!!!
Photo by Tomasz Woźniak on Unsplash
Comentarios
Publicar un comentario