Visitas Virtuais

MUPEGA



Enriquecerse culturalmente é moi importante por iso hoxe traemos esta visita virtual ó Museo Pedagóxico de Galicia!
Consta de tres plantas nas que mostra a evolución da escola galega desde fai tempo, poden verse recreacións das aulas, obxectos escolares, xoguetes e moito máis.

Vos invitamos a viaxar no tempo.
Fonte: https://museos.xunta.gal/es/mupega

BARRIOS

Sabes o que é un “mapa emocional”?.
E máis en concreto, sabes o que é un “mapa emocional dun barrio”?.
Nesta ocasión quero achegarvos ao “Mapa emocional do barrio de San Pedro”. Unha
experiencia deseñada e pilotada polo colectivo “Galicia Emocional” e que nos achegan unhaferramenta que según as súas propias palabras:
“É un proxecto de proximidade sobre a identidade emocional do Barrio de San Pedro. Espazo de intercambio comunitario de sentimentos e saberes sobre o pasado, presente e futuro construido a través da participación colectiva e interxeracional, poñendo a disposición de todo o mundo a memoria, a opinión e os desexos da veciñanza. Porque divulgar un territorio máis aló do patrimonio material é poñelo en valor”.
Unha ferramenta que visualiza e pon en alza o patrimonio inmaterial do barrio, unha ferramenta de participación comunitaria na que poderás dar un paseo polo presente, pasado e futuro do barrio, contado polos seus propios vecinos e que está en continuo crecemento xa que anima a todas as persoas que así o queiran a participar coas súas aportacións.
Ademáis de poder recorrer o barrio coas historias alí contadas, propón un audiopaseo que
podes descargar de forma sinxela que seguro será do teu agrado.
Apetéceche coñecer un pouco este proxecto?
Sen máis, deixo o enlace por si queres descubrir “O Mapa Emocional do Barrio de San Pedro”.

MUSEOS

Se vos apasiona a natureza, sentides debilidade polos animais e ademáis disfrutades visitando museos... Wuala…. O Museo da Historia Natural de Santiago é unha das opcións máis recomendadas para vós.
Este Museo é un centro con fortes potencialidade educativas e sociais, pois ademáis das súas tarefas de investigación e educación formal, centra o seu futuro na divulgación científica, dando resposta ás obrigas que a Usc ten coa cidadanía.
Poderedes disfrutar dun entorno natural que invita a pasear polos seus xardíns, ...pero… agora, seino, non é momento. Ese momento que vos digo chegará pero que vos parece si de momento aproveitamos e facemos unha visita virtual polas súas instalacións descubrindo planta a planta e recuncho a recuncho todo aquelo que teñen para nos ensinar?
Teredes a oportunidade dende a vosa casa, o voso sofá... facer un percorrido virtual onde disfrutaredes da biodiversidade terrestre, sumerxervos na biodiversidade mariña, profundizar no solo e maravillarvos coa xeodiversidade. Atrevedesvós? Vamos alá….
Só temos que entrar na súa páxina web




Encontrarades varias pestanas despeglabes , si desplegades o Museo veredes o mapa do edificio.



Se facedes click en Exposicións, veredes que teñen dúas modalidades, exposicións permanentes e temporais.
As exposicións permanentes son:
Plano planta baixa:Biodiversidade e Biodiversidade terrestre
Plano planta primeira: Xeodiversidade e Solo
PLano planta primeira: Xeodiversidade
As exposicións temporais: desde os anos 90 do século pasado, o museo organiza estas exposicións de carácter temporal cos seguintes obxetivos: Mostrar fondos que por falta de espazo non forman parte da exposición permanente e divulgar aspectos pouco coñecidos de temas específicos de interese científico, cultural, histórico ou social.
O museo ofrece a posibilidade de descargar todas estas exposicións en PDF.
Si seguides navegando podedes desplegar a pestana de coleccións


As coleccións deste museo foron conformándose desde mediados do século XIX, maioritariamente con aportacións de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, de científicos e naturalistas, así como de particulares e institucións.
A súa organización é por grupos taxonómicos, a efectos de axilizar e facilitar o acceso á documentación dos exemplares.
Na sección de actividades podemos ver que nestes momentos, debido a situación na que nos atopamos, todas están canceladas, pero podedes ver que ao longo do curso se desenrolaron actividades todos os meses atendendo as datas.


Para chegar ao momento realmente esperado, a vosa visita virtual. Desplegades a ventana e a …..percorrer o Museo.

Chegados a este punto só me queda desexarvos que disfrutes desta visita virtual, e vos animedes en cando pase todo isto a visitalo en persoa. ATA A PRÓXIMA!!!!