TRABALLAMOS COAS MANS: EMPREGANDO O REFUGALLO

Seguro que xa coñecedes moitos usos que lle podemos dar a estes tubos para aproveitalos, pero neste caso imos centrarnos en facer flores, podemos facer moitos tipos diferentes!
Nestes vídeos deixámosvos algúns exemplos:
Xa vedes que hai variedade! Pero seguro que a vós se vos ocorren máis formas! Todo é probar! Nós optamos por facer unha margarida, que vos parece?

Só precisades:
- Cinco rolos de papel hixiénico
- Un palillo largo
- Grampadora ou cinta adhesiva transparente
- Unha maceta
- Ceras ou pinturas

O procedemento é moi sinxelo pero podédeslle pedir axuda a unha persoa adulta. Comezamos!
Procedemento:
Procedemento:
Dobrades os 4 tubos de papel hixiénico á metade e grampádelos ou poñédeslle cinta adhesiva para que se manteñan coa forma. Logo pintádelos (neste caso é unha margarida pero podedes facer outro modelo de flor improvisando coas cores). Ademais pintades o pau e pegádesllo con cinta adhesiva.
Por outra parte, aproveitades o tubo restante para facerlle unha ou varias follas, ó voso gusto.
E, por último, buscades unha maceta para a flor. Neste caso, empregamos unha de cristal e enchémola de pedriñas, pero tamén podedes buscar outro estilo ou mesmo facela cun vaso!
A poñer en marcha a imaxinación!

Comentarios
Publicar un comentario