Tardes con Frankenstein

Gustaríame compartir con vós algunha das miñas reflexións e recomendarvos un gran libro: trátase de" Frankenstein ou o moderno Prometeo " de Mary Shelley. A vida desta muller paréceme moi interesante e inspiradora. Nada en Londres no 1797 seguiu os seus propios mandatos aínda que iso supuxera enfrontarse coa sociedade da época. Moi soado foi o seu romance con Percy Shelley, daquela un home casado.
É case imposible atopar a algunha persoa que nunca oira falar de Frankenstein, xa que constitúe unha personaxe icónica da literatura universal, aínda que moitas veces a imaxe que temos del atópase desvirtuada. Foi escrito no verán de 1816 (reparade na xuventude da escritora) durante a estadía de Mary Shelley cuns amigos en Italia. O mal tempo, os efectos da erupción do volcán Tambora (é incrible, posto que se atopa en Indonesia), a imposibilidade de pasalo ben ó aire libre e o desexo de combater o aburrimento fixeron que estes amigos, entre eles o célebre Lord Byron, e o seu médico, Polidori (que ó cabo sería o creador doutra mítica personaxe) se puxeran a escribir. Quen sería capaz de narrar a historia de terror máis espeluxante?.
Desta obra fixéronse moitas adaptacións, interpretacións e tamén foi tomada como inspiración para moitas outras. Déixovos algunhas ideas. Na BIBILIOTECA DE FONTIÑAS as nosas propostas de actividades centradas nesta temática tiveron éxito, por iso me atrevo a darvos algunhas ideas ... espero que vos gusten!!!
FRANKENSTEIN-EL PRIMER LIBRO DE ANATOMÍA
Adams, Jennifer-Oliver, Alison
Ed.: COCO BOOKS
ISBN: 9788494276651
Páx.: 22
Colección: Literatura Mini
FRANKENSTEIN O EL MODERNO PROMETEO
Adaptación de David Monserrat
Ilustrador: Carles de Miguel
Ed.: Almadraba Editorial
ISBN: 978843088203
Colección: Kalafate
FRANKENWEENIE
Dirixida por Tim Burton
Walt Disney Pictures
1984
35 min. aprox
PROPOSTA DE ACTIVIDADE 1:
Se tendes cativos podedes realizar unha proposta similar e escribir os vosos propios relatos de medo e así desenvolver a súa creatividade e darlles a coñecer a personaxe (se é que aínda non a coñecen). Para facelo máis interesante podedes considerar unha posta de escena final: provistos de lanternas e cunha saba na cabeza, sentados no chan e coas luces apagadas.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE 2:
Podedes desenrolar un pequeño obradoiro creativo. Se tendes algún material de plástica, como cartolinas ou plastilina … Se non, collede un anaco de papel e pinturas de cores. Os/as cativos/as poden crear os seus propios monstros e explicarvos as súas “creacións”. Para os máis arriscados (e amantes da aventura of curse) poden disfrazarse co que atopen pola casa: garabatas pasadas de moda, xerseis vellos, anteollos que non usedes …
Photo by freestocks on Unsplash