RECEITA DE CROQUETAS DE CARNE
INGREDIENTES:400 g. carne picada.
50 g. pemento vermello.
50 g. cebola.
150 g. fariña.
Manteiga. (2 culleres sopeira).
125 ml. leite.
Noz moscada. (Unha culler de sobremesa).
1 Ovo.
Pan raiado.
Aceite.
ELABORACIÓN:
Pasamos a carne, co pemento e a cebola na tixola con un pouquiño aceite.

Tritúrase a carne un pouco.

FACEMOS A BECHAMEL:
Peneiramos a fariña.

Poñemos a leite a quentar.
Nunha tixola derretemos a manteiga.

Engadimos na manteiga a fariña peneirada.

Remexemos ben, e engadimos o leite.

Botamos a noz moscada.

Botamos todo nun cazo, e o mesturamos ben co batedor.

Cando estea todo ben mesturado, poñemos unha tixola ó lume, coa carne, e lle engadimos a bechamel.

Mesturamos ben todo.

O estendemos ben nunha bandexa, e o metemos no frigorífico durante 3 horas, como mínimo.

Cando pase ese tempo, nun prato batemos un ovo, e noutro colocamos un pouco pan raiado.
Comezamos a darlle forma ás croquetas, redondeándoas cos mans un pouco.


Impregnamos ben a croqueta do ovo, e a continuación do pan raiado.


Cando as teñamos todas feitas, poñemos o aceite a quencer.

Cando o aceite estea ben quente, botamos as croquetas, para que se fritan ben, dándolle a volta e controlando a Tª do aceite para que se fagan ben por todo, pero non se queimen.

Cando estean ben feitas, as sacamos cunha espumadeira, escorréndolle ben o aceite.

BO PROVEITO!!!