RECEITA BROWNIE DE CHOCOLATE

Esta é unha receita sinxela na que só necesitaremos o forno para acabar o proceso, o resto de pasos pódense realizar facilmente cunha vara para mesturar ou un garfo.
O mellor para realizar calquera prato é preparar os elementos que imos utilizar.

OS INGREDIENTES:

Fariña 80gr.
Azucre 200gr.
Manteiga 200gr.
Ovos 4 unidades.
Chocolate 250gr
Noces 80gr.

OS UTENSILIOS:

Recipientes para os diferentes ingredientes
Cunca para mesturar (que teña capacidade suficiente como para mesturar todos os ingredientes).
Forno (quente a 180º)
Tarteira e cunca (que encaixe na tarteira)
Vara para mesturar ou garfo.
Recipiente para forno (depende de si gústanos máis fino ou máis groso elixiremos o tamaño do noso recipiente).

PASOS

Poñemos a tarteira cun pouco de auga no lume suave, tede coidado e comprobar antes de poñela no lume si ten demasiada auga, para o que meteredes o bol que usardes para o baño maria.





Poñemos 150gr. De chocolate en anacos e a manteiga no bol que introduciremos na tarteira e iremos removendo ata que todo este fundido e mesturado. Deixamos arrefriar a temperatura ambiente 10 min.







Mentres batemos os ovos.



E preparamos a bandexa. Podemos usar papel de forno ou si non temos:
Embarrañaremos o recipiente para forno con manteiga.



Espolvoreamos fariña, cacao, colacao, ? o que máis nos guste ou o teñamos por casa.



Engadimos a mestura de chocolate e manteiga aos ovos batidos, a mestura non debe estar moi quente por que poden callar os ovos, ímolo engadindo aos poucos sen parar de mesturalo.





Engadimos o azucre.





Engadimos a fariña





Engadimos as noces.


 
Metemos no forno 40 min. A 180º, debe estar precalentado.



Mentres, poñemos a fundir o reto de chocolate 100gr.





Nunha tixola botámoslle un choro de aceite, cando estea quente engadímos uns 40-50 gr. de noces e douramos un pouco, retirámolas e engadimos dous cucharadas de azucre, sopeiras, en 1 ou 2 min. volverase liquido nese momento engadimos as noces douradas impregnarémolas ben co liquido e retirarémolas para decorar, xa temos as nosas noces caramelizadas.
Sacamos do forno.
Botamos o chocolate fundido e o esparcimos.



Colocamos as nosas noces caramelizadas.