RASPBERRY PI 1

Hoxe imos emprender o camiño nas placas programables, tendo en conta que neste campo podemos atopar moitas opcións, no momento de decidirnos teremos que ter en conta o nosos recursos e mais a nosa dispoñibilidade, por este motivo imos empezar ca placa programable mais famosa do mercado, Raspberry pi, xa que nos ofrece poder traballar nela duna forma virtual por medio dos seus portais oficiais, e mais tamén danos a oportunidade de poder seguir ampliando os nosos coñecementos no seu sitio web oficial.

Nesta actividade imos a facer todo un percorrido dende o coñecemento de novos equipos como o funcionamento dos mesmos, e todo o que podemos chegar a facer con estes.

Facendo un resumo xeral das próximas publicacións, poderemos encontrar contidos como:

Breve repaso da historia deste equipo.
Coñecemento de tódalas súas partes e funcionamento das mesmas.
Posta en marcha e primeiros pasos do equipo.

E dende este último en adiante imos empezar cas propagacións e as diferentes funcións que nos pode ofrecer esta placa, todo isto o faremos dende cero e en diferentes publicacións.

A miña Raspberry pi

Comezaremos falando deste equipo no cal nos iremos introducindo. Para empezar podemos chamarlle como se merece, ordenador, si, este equipo tan pequeno e un ordenador, e si non fora polos nosos novos teléfonos a dia de hoxe, estariamos moi sorprendidos polo o seu tamaño, non obstante agora chega a verdadeira sorpresa...que ten todo tipo de portos, tanto de entrada e de saída, e aínda falta o mellor, a disposición de que o usuario poida reprogramar o seu propio e pequeno ordenador, e por si no fora pouco, a isto se lle pode sumar a extrema accesibilidade en cuestión de prezos, xa que esta pensado para todos os público como ferramenta educativa, non obstante a súa potencia, danos a posibilidade de facer cousas incribles, que imos ver mais adiante.


Pero tamén temos que falar de diferenzas claras respecto dun ordenador convencional, debido ó seu prezo pois vémonos limitados en certos aspectos, como pode ser a súa potencia gráfica, non obstante esta maquina centrase mais en tarefas de produción a programación.

Pero que tarefas podemos chegar a facer con este equipo?

As tarefas que podemos facer con este equipos son moi diversas, dende programar pequenas rutinas de aparatos, como lavadoras, luces ou persianas mecánicas, ata chegar a controlar un centro multimedia enteiro na nosa casa ou montar una instalación de cctv, no noso propio fogar.

E por ultimo temos que falar de dous aspecto moi importantes deste equipo. Un deles e os pins de entradas e saídas. Estes pins son moi especiais xa que son o motivo polo que este equipo e moi peculiar, xa que con estas conexións imos mandar a información dunha rutina de programación así como alimentar equipos de baixo voltaxe e ademais temos moitos deles en toda placa.

E outro aspecto moi impórtante, é o uso das memorias sd extraíbles. Xa que nesta imos instalar o noso S.O.(Sistema operativo), e danos a oportunidade de ser moi portable, tendo en conta que podemos cambiar calquera sd no momento que queiramos e cargar un sen fin de SO que teñamos gardados con diferentes traballos, cosa que non poderemos chegar a facer de forma fácil cun ordenador convencional.

Tendo en conta estes conceptos básicos imos deixalo por aquí, o seguinte paso poñémonos mans aobra, imos ver como montar o noso sistema operativo e todo o software que imos necesitar para facer isto, mais tamén unha guía paso a paso para non ter dubidas.

Ata a próxima Geeks.

Ilustración 1Raspic.inpic
Photo by Stefan Cosma on Unsplash