QUE É WIKILOC
Nestes tempos de confinamento no que nin podemos desfrutar das saídas ao aire libre nin podemos simplemente pasear, soamente nos queda desfrutar da natureza e da arquitectura a través das Novas Tecnoloxías.
Este titorial o que nos permitirá será estar preparados para cando poidamos volver a desfrutar do tempo libre en liberdade e en contacto coa natureza.
Este titorial o que nos permitirá será estar preparados para cando poidamos volver a desfrutar do tempo libre en liberdade e en contacto coa natureza.
Wikiloc é unha aplicación que nos permite seguir ou crear rutas para os amantes da natureza ou para aqueles que queremos visitar diferentes cidades e aproveitar camiños que outros percorreron antes. Poderemos acceder a rutas de calquera parte do mundo. Atoparemos rutas para facer a pé, en bici, a cabalo, esquiando...ou en actividades tan concretas e especializadas como poden ser Marcha nórdica, Canicross, espeleoloxía...
Esta aplicación poderemos consultala tanto no móbil como na web.
Para poder empregar a aplicación deberemos ir ao Play Store e descargala. Unha vez descargada para acceder só temos que facilitar un correo electrónico e un nome para poder crear un perfil onde eliximos cales son as nosas actividades favoritas: ciclismo, sendeirismo, esquí, alpinismo...
Para poder empregar a aplicación deberemos ir ao Play Store e descargala. Unha vez descargada para acceder só temos que facilitar un correo electrónico e un nome para poder crear un perfil onde eliximos cales son as nosas actividades favoritas: ciclismo, sendeirismo, esquí, alpinismo...
Un aspecto moi positivo da aplicación é que para facilitar a procura dunha ruta podemos aplicar diferentes filtros que nos facilitarán ese cribo. O primeiro que escolleremos será o tipo de actividade: sendeirismo, a pé coa familia, con carriño de bebé, con bici, para correr, descenso de ríos, a cabalo, en camelo....e un largo etcétera como xa mencionamos anteriormente. Podemos escoller tamén dende a dificultade técnica, a distancia que queremos percorrer, o desnivel subindo, a data na que foi creada a ruta, se queremos unha ruta circular ou lineal...
Deberíamos lembrar que demasiados filtros teñen tamén os seus inconvenientes, xa que podería non haber unha ruta como a que queremos facer.
Outra particularidade de Wikiloc é a posibilidade de subir as nosas propias rutas e compartilas co resto de usuarios da aplicación, de esta forma, enriquecemos a aplicación. Só teremos que dar a información o máis detallada posible para que o resto de usuarios poidan seguir a nosa ruta.
Poderemos visitar tamén a páxina web da aplicación Wikiloc.
A aplicación de Wikiloc é de descarga gratuita pero agora puxeron a versión Wikiloc Premium para poder seguir as rutas e que supón un coste que non é excesivo se somos amantes da natureza e facemos saídas habituais.
Para os que empregamos a aplicación de forma puntual, a ruta poderemos facela igualmente porque facendo zoom no mapa veremos perfectamente o camiño trazado, o que non se pode é iniciar a ruta coa axuda da navegación para que nos indique o rumbo.
Esperamos que eso non sexa impedimento para comezar a andar e explorar.
Bo camiño!
Photo by Sebastian Hietsch on Unsplash