QUE ARTE!

Coñecedes a Salvador Dalí? Pasade e veredes... Dalí foi un pintor catalán que descubriu a pintura sendo moi novo. Experimentando cos óleos, comezou a pintar os seus primeiros cadros que, xa naquel momento, chamaban a atención de quen os vía. Fixo cursos de pintura nos que se nutriu de novas técnicas e máis tarde ingresou na Escola de Belas Artes de Madrid onde non lle foi moi ben coma estudante, xa que chegaron a expulsalo dúas veces. Mudouse a París, onde se relacionaba con outros pintores, especialmente Pablo Picasso e onde coñeceu a que sería o seu gran amor e musa: Gala. Foi un dos máximos representantes do movemento surrealista. Os seus cadros non pasaban desapercibidos. Invitámosvos a que busquedes nos libros e na rede algunha das súas obras, porque seguro que ides ver nelas un arte “diferente”. Unha pista...: “La persistencia de la memoria”. Dalí tamén se dedicou á fotografía, á escultura, ó cine e ó gravado.

Deixámosvos un enlace a un vídeo dos Lunnis para que desfrutedes da figura deste pintor e animámosvos a que nos enviedes fotos de debuxos que fagades seguindo o “estilo Dalí”:


Photo by Anna Kolosyuk on Unsplash